CONVERXENCIA GALEGA RELÉMBRALLE O GRUPO MAIORITARIO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL O ABANDONO E DEIXADEZ NA ZOA DO MURO E BAIXO MURO
Reportaxe fotográfica: Converxencia Galega / A Guarda
Cada dous por tres
escoltamos nalgúns medios de comunicación a “efectividade e bó facer” do Equipo
de Goberno Municipal (especialmente naqueles nos que máis “florece” a
publicidade institucional), namentras a realidade do día a día, fainos ver
outra cousa.
Así cando nos falan dos
actos centenarios, outros huellas do noso pasado e do pouco que queda do casco
antiguo da vila como é o MURO, cada día que pasa mostra máis sinais de abandono
e deixadez, donde as pintadas, as herbas, instalacións de farolas e antenas,
florecen sen que os responsables de defendor o patrimonio se molesten o máis
mínimo, e iso a mui pouca distancia das dependencias
municipais.
Un paseo polo Baixo
Muro ou pola Rua Ireira, da testimuña do que falamos e por de realce o estado
total de abandono dos restos da Muralla que protexía o casco da Vila.
Voltamos a ser
reiterativos, pero esperamos que algún día non teñamos que seguir facendo uso
do refrán “unha imaxe vale máis que mil palabras”ainda que coñocendo a
testarudez dalgúns, é moi posible que teñamos que usalo durante moito tempo
Polo exposto, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a
solicitar que se leve a cabo da maneira máis urxente unha intervención de
limpeza e adecentamento dos restos da Muralla, tanto polo Baixco Muro como pola
rúa Ireira.
A Guarda, a 19 de xullo do 2.012
Celso R. Fariñas
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Patrimonio
CONCELLO DE A GUARDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario