6 de xuño de 2012

VIGO

O PP CONSTITÚE O COMITÉ DE VOCEIROS DO PP NA OPOSICIÓN PARA "MELLORAR A GOBERNANZA MUNICIPAL" NOS CONCELLOS DA PROVINCIA

Rafael Louzán: "Facer un traballo constructivo, configurar alternativas e coordinar as políticas de fiscalización serán os principais obxectivos deste grupo de traballo"

"Solicitaremos ao goberno de Mariano Rajoy que, unha vez finalizadas as reformas económicas, estudie unha reforma en profundidade da Ley Electoral"

José Manuel Figueroa: "O PP debe ser unha garantía da defensa dos intereses xerais, incluso onde non goberna"

O Partido Popular gañou as eleccións municipais en 52 dos 62 Concellos da provincia, e manten 47 alcaldías na actualidade

Infogauda / Vigo

 Os quince voceiros dos grupos municipais do PP onde este partido é oposición na provincia de Pontevedra constituiron onte en Vigo un comité de traballo que ten como principais obxectivos a coordinación das políticas de oposición, as bases da tarefa de fiscalización aos gobernos, así como a construcción de alternativas á crisis actual.
Tras calificar o último ano coma "un dos máis duros da historia da Democracia", o presidente provincial do PP, Rafael Louzán, suliñou a importancia do papel da oposición nos Concellos. "Hai moitos xeitos de facer esa oposición -dixo-: dende o non por sistema, ata a política de brazos caídos que practican o PSOE e o BNG en moitas cidades e vilas. Pero o PP aposta por unha oposición responsable, constructiva e de propostas". , engadiu, "máis que nunca queremos estar ao lado dos veciños para facilitar a defensa dos intereses xerais".

         O comité de coordinación, segundo aclarou o presidente do PP vigués, José Manuel Figueroa, "nace con convocación de fortalecer o traballo de oposición", unha misión para a que o voceiro do partido en Vigo agradeceu "o apoio que sempre nos prestou o presidente provincial aos grupos dos Concellos onde non gobernamos".

         O propio Louzán lembrou que o PP gañou as eleccións municipais en 52 dos 62 concellos da provincia. Actualmente, este partido goberna en 47 deles, "porque en cinco pudo máis o interés partidista do PSOE e do BNG que o manifestado polos cidadáns dos seus votos; por eso se formaron unións ficticias que afastaron ao PP das alcaldías", comentou.

         Para os voceiros do PP, estés gobernos de coalición "son máis caros porque reparten parcelas de poder e gastos que poderían aforrarse con gobernos estables". Neste sentido, Rafael Louzán precisou que unha vez rematadas as reformas laborais e económicas , hai outra que non pode esperar: o cambio da Ley Electoral vixente. O presidente provincial puxo como exemplo a Illa de Arousa, donde un grupo cun so concelleiro decidiu o goberno, contra a decisión mayoritaria espresada polos cidadáns cos seus votos. "Esa reforma da Ley Electoral -engaiu- é imprescinible para acadar gobernos estables nos concellos e para non depender de porcentaxes ridículos que desperdician claramente a vontade mayoritaria do pobo".





         O comité de voceiros na oposición do PP, tal e coma explicou José Manuel Figueroa, fomentará a interrelación entre os distintos portavoces, a proactividade dos grupos municipais na busca de solucións ás demandas cidadás, así como a consecucións dun mellor servicio aos veciños.

         A reunión, presidida por Louzán e Figueroa, e a que tamén asistiron a secretaria provincial Begoña Estévez, e mailo secretario xeral do PP vigués, Miguel Fidalgo, contou coa presencia de portavoces dos grupos municipais de Vigo, Pontevedra, Poio, Vilaboa, Bueu, Fornelos, A Guarda, Tomiño, Salceda, Arbo, Pontecesures, Silleda, Catoira, Caldas e A Illa. En próximas datas, este mesmo grupo de traballo repetirá as xuntanzas nos diferentes concellos onde o PP non goberna. "Hoxe estamos dando un paso que implica crear unha estrutura forte dentro do PP provincial, que lle facilite o labor aos nosos voceiros e concelleiros naqueles municipios onde non gobernamos", concluiu Louzán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario