Brasil en formato dub na Iguana
A Asociación Cultural Minho Reggae, da man do produtor musical pernambucano Buguinha Dub, organiza este sábado día 9 a partir da media noite, a primeira presentación da Vitrola Adubada en Galicia. Proxecto persoal do produtor Brasileiro, un dos grandes da escena Reggae Dub mundial. O custo da entrada, será de 5€ e contará coa participación especial de músicos galegos e brasileiros.
Buguinha Dub, produtor musical e enxeñeiro de son, e un dos máis destacables de Brasil desde hai máis dunha década na escena independente. Ten traballado como técnico coa banda Naçao Zumbi, Mundo Livre s.a., Cordel do Fogo Encantado, Racionais MC´S, Natiruts.
Este sábado presentará en Vigo, Vitrola Adubada o seu proxecto persoal, onde reflicte a máis pura vertente do bub pernambucano. Inspirada nas gramolas de Maranhao e de Xamaica, a Vitrola Adubada é pilotada por Buguinha, que remixatemas ao vivo en versión dub con ecos analóxicos e reverbs.
Temas da súa propia autoría, que flutúan entre o afro beat, o hip hop, maracatu, ritmos africanos e dub, e cancións das bandas coas que traballou até o momento, en Brasil pero tamén en Galicia, como é o caso dos vigueses Zamaramandi, cos que gravou nos Estudos Muu, de Vigo, xunto aos técnicos de son Alfonso “Eski” Agulla e Nando Moure.
O brasileiro contará no seu espectáculo coa colaboración de artistas da escena local, entre eles o saxofonista da banda viguesa Zamaramandi, Pedro Álvarez ou o MC Víctor Aligator, que nos levarán a gozar dunha noite inesquecible ao vivo.
Unha Vitrola que esta fin de semana chega a Vigo logo de viaxar por medio mundo, grazas á asociación cultural Minho Reggae, que nos permitirá gozar e coñecer un espectáculo que contou ao longo do seu camiño coa participación dalgúns dos grandes nomes da escena brasileira como: Toca Ogan, Gilmar, Jorge duPeixe Nação Zumbi, Lirinha e Clayton Barros do Cordel do Fogo Encantado, Ganjamam da banda Instituto, Mestre Nico, Alex Pretinho, Lucas Santana, Maria de Lourdes , Jimmy Luve, Russo Passa Pusso e Fael Primeiro(Dubestereo), Lei de Dai, Flora Matos, Cristiano e Gerubanto de Digital Dubs entre outros moitos.
Esa vitrola vai levar ó público directo ás rúas da Xamaica Pernambucana… Olinda!!
Con beats adubados e un son marcante dos graves e ecos alucinóxenos que reverberan os catro cantos do mundo !!!
Para quen guste de Dub… Ese é o puro Dub, orixinal “olinda style”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario