Posted: 31 May 2012 09:30 AM PDT
-Carmen Fajo Alonso recibiu un ramo dos concelleiros Eladio Costas e Patricia Durán no seu 103 aniversario.

|
Posted: 31 May 2012 07:32 AM PDT
A comisión de Festas de Santa Mariña de Vincios celebrará unha churrascada e un bingo social esta fin de semana. O sábado a partir das 22 horas, no torreiro de festas poderá desgustarse churrasco de porco, chourizo, pan e cunca de viño por a un custe de 10 euros. A xuntanza contará coa actuación do dúo Azar. O Domingo a partir das 17 horas terá lugar un Bingo social con importantes premios. Para esa actividade contarase cunha carpa cuberta.

|
Posted: 31 May 2012 09:19 AM PDT
Doutro lado da raia o Ministério de Educaçao e Ciência está decidido a rematar coas tradicionais escapadas ás obrigas estudantís. Cativos e mozos que teñan demasiadas faltas deberán facer traballos a favor da comunidade, entre outras iniciativas segundo anunciou Nuno Crato, ministro que tutela o ensino na veciña Portugal. A medida está recollida no novo "Estatuto do Aluno", aprobado na sesión de hoxe do Conselho de Ministros e xa camiña cara ao Parlamento portugués.

|
Posted: 31 May 2012 08:52 AM PDT
O BNG de Gondomar presentou por medio do rexistro municipal unha petición de moción dirixida a propor ao Goberno do Estado que realice as xestións necesarias para acadar a supresión das exención impositivas que goza a Igrexa Católica. Nomeadamente os nacionalistas esixen que esa institución abone o IBI polos seus bens, dos que só en Galicia posúe 7.691 inmóbeis por un valor catastral de 426 millóns e euros.

|
Posted: 31 May 2012 02:44 AM PDT
A música e a danza tradicional tomarán as rúas de Baiona a partir das 18:00 horas deste sábado. Por quinto ano O Ximbaleo Tramallo Cultural, a Asociación Cultural A Seneira e a Escola de Danza Vila de Baiona organizan o tradicional Serán para goce dos veciños e visitantes da bisbarra miñorana.

|
Ningún comentario:
Publicar un comentario