22 de xuño de 2012

PONTEVEDRA


A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA INICIA O PROCESO DE EXTINCIÓN DA SÚA DESCENTRALIZACIÓN FUNCIONAL COA DISOLUCIÓN DE SETE ORGANISMOS AUTÓNOMOS
·        A medida suporá un aforro de 1,2 millóns de euros
·        Manterán a pero os servizos e actividades que viñan desenvolvendo serán asumidos pola Deputación mediante unha xestión directa non diferenciada
·        A disolución terá efectos con data 1 xaneiro de 2013
A Deputación de Pontevedra iniciou hoxe o proceso de extinción da súa descentralización funcional coa disolución de sete Organismos Autónomos que, non obstante, conservarán cada unha das súas , según explicou hoxe en rolda de prensa o presidente da institución provincial, Rafael Louzán.
Os servizos e actividades que viñan desenvolvendo serán asumidos pola propia Deputación mediante unha xestión directa non diferenciada, a través dos seguintes Servizos:
·        A Escola de Canteiros pasa a ser un servizo de nova creación denominado Servizo da Escola de Canteiros
·        Turismo Rías Baixas pasa a ser un servizo de nova creación denominado Servizo de Turismo
·        O Museo de Pontevedra pasa a ser un servizo de nova creación denominado Servizo do Museo Provincial
·        A Caixa de Anticipos integrase no Servizo de Cooperación
·        O Ipespo integrase no Servizo de Infraestruturas
·        O Cpam pasa a integrarse no novo macroservizo denominado Servizo de Asistencia Intermunicipal
·        O Oral integrase no servizo de Tesourería
A disolución terá efectos de 31 de decembro de 2013 e o proceso será o seguinte: primeiro haberá un acordo de disolución e derogación de Estatutos por parte dos consellos reitores, logo un dictamen da comisión informativa, a continuación un acordo do Pleno da Deputación e, finalmente, a exposición pública por 30 días e o acordo expreso definitivo e conseguinte publicación del no BOP.
O vindeiro 1 de xaneiro os bens, dereitos e obrigas dos OOAA refrexaránse na contabilidade da Deputación e extinguiránse as adcricións e cesións de bens que tivera a Deputación en favor destes OOAA para integrarse no Patrimonio Provincial todos os bens
A Deputación tén oobxectivo dun aforro de 1,2 millóns de euros. A disolución dos OOAA e a súa integración na Deputación suporá numerosas ventaxas e un importante aforro derivado das indemnizacións polos consellos reitores e das retribucións específicas por unha tramitación administrativa independente da entidade matriz; dunha maior produtividade do personal pois estará integrado na Deputación; da optimización de recursos pois non é igual comprar material para 1 que para sete; dunha máis efectividade e control, etc.…
Según explicou Louzán, trátase de coordinarse, de evitar duplicidades, de adelgazar a Administración, de aunar esforzos e mellorar a xestión e de rentabilizarmellor os recursos humanos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario