4 de xuño de 2012

O ROSAL

O BNG denuncia a pasividade do alcalde fronte aos movementos de terra sen licenza e sen proxecto en Tabagón


O BNG solicita que se trate a todo o mundo por igual e que non haxa dúas varas de medir.

Reportaxe fotográfica: BNG / O Rosal
O BNG do Rosal denuncia a pasividade do alcalde e do goberno municipal do PP, fronte ao movementos de terras sen licenza e sen proxecto, que se realizaron no lugar da PortelaTabagón.

O voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira, indica que no último pleno celebrado o pasado día 26, o BNG preguntoulle ao alcalde se estas obras tiñan licenza e se sabía con que fin se realizaban. A resposta por parte do alcalde foi negativa nos dous sentidos.  Ante a resposta, os nacionalistas preguntaron se o alcalde decretara a paralización das mesmas, pois entenden, como se puxo de manifesto noutras obras deste tipo, que precisarían de licenza de obra maior, plan de seguranza... e a resposta foi a mesma, e dicir, que non ía paralizalas, senón que ía obter información de quen e para que se realizan.

Tendo en conta que nestas obras se realizaron taludes de terra dunha altura considerable e que están a beira da estrada TuiA Guarda, o BNG pregúntase que responsabilidade tería o alcalde no caso dalgún accidente na obra. Para os nacionalistas, dende logo tería toda a responsabilidade, por que ten pleno coñecemento e non actúa. Así mesmo engaden, que seguramente non vería para outro lado se as obras as fixera un veciño calquera.


 Dúas varas de medir
Para o BNG, este xeito de actuar é reiterativo e mostra as dúas varas de medir do alcalde e do goberno municipal. Unha para os veciños, moi restritiva e cumprindo todos os requisitos legais, e outra para as obras de empresas, moito máis permisiva e complaciente.

Nese sentido, lembran que a terra excedente dos desmontes do víal, tamén se teñen botado en varios lugares do Rosal sen contar con licenza, que nestes casos é de obra maior, e sendo coñecedor o alcalde.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario