2 de xuño de 2012

VÍDEO

PEIXE DE COURO

Chanfreiros
Na Guarda aínda se manten a tradición de secar peixe, un peixe que recibe a denominación de PEIXE DE COURO. Nestas imaxes recóllense o proceso de preparación do peixe lixa para o seu secado. Sobor de todo a especie escollida para este proceso son da familia dos escualos: peixe lixa, cazacús, maletas, fragatas, litáns... O tempo de secado pode durar varias semanas segundo as condicións climatolóxicas. Tamén existe outra variante que se chama "arrecentar", que é un secado en sal nun par de días. Este proceso se fai sobre todo con peixe azul e branco. Gastronomicamente prepárase en caldeirada, aínda que tamén pode darse asado, en salpicón, empanada etc...

Ningún comentario:

Publicar un comentario