PARQUES PARA
CANS
De todos é sabido que as prazas e parques tradicionais non son a mellor
opción para levar a pasear as nosas mascotas, está claro que non todas as
persoas están de acordo con permitir que os cans xoguen onde eles gozan do aire
libre ou a onde levan a pasear ou xogan os seus fillos.
Ningún propietario pretende que o seu can faga dano a outro ou morda a unha
persoa, e moito menos que os animais se apropien de das rúas da nosa vila de
xeito descontrolado. Só pretendemos gozar xogando co “mellor amigo do home”
dunha maneira controlada e con total tranquilidade para todos os cidadáns.
Pedimos a sinatura de todos os veciños/as tal e como reza a Liga
Internacional dos Dereitos do Animal que se adoptou en 1977 e proclamou o 15 de
outubro de 1978 a
Declaración Universal dos Dereitos do Animal e que posteriormente foi aprobada
pola UNESCO e pola ONU e no Artigo 6-g da Declaración Universal dos Dereitos do
Can.
Como xeito de ofrecer unha solución xusta para tódalas partes, pretendemos
que:
* Se constrúan PARQUES PARA
CANS por intermedio da Concellaría de Medio Ambiente.
* Unha zona valada ampla onde
podamos xogar cos nosos cans e estar tranquilos de que non van saír correndo
cara as estradas e correr o risco de ser atropelado ou poidan chocar con
algunha persoa ou vehículo e ocasionar algún dano.
* Un espazo ocuparía unha
superficie onde os animais disporán dunha zona verde, ademais de un pipi-can, onde
facer as súas necesidades, que logo debe
recoller seu dono e depositar nas papeleiras habilitadas para tal efecto.
Queremos destacar que entre os beneficios das zonas preferentes é que os
usuarios coñecen aos outros propietarios e seus cans relaciónanse cos outros,
potenciando a sociabilidade do animal e evitando por conseguinte colisións con
outros cans e incluso con humanos.
A Guarda, a 30 de maio do 2.012
Laura Álvarez Álvarez
Responsable de Medio Ambiente
Ningún comentario:
Publicar un comentario