1 de maio de 2012

A GUARDA


COMUNICADO DO CENTRO DEMOCRÁTICO LIBERAL DA 

GUARDA CO GALLO DO DÍA DO TRABALLADOR


Xermán Cordero Verde
Presidente do Centro Democrático Liberal da Guarda


Nuns momentos como os que estamos a pasar no que e necesario apertarse un pouco máis o cinturón, cabe con máis forza que nunca este día.
Non me cansarei de dicir que obrigación dos gobernantes facer todo o posible polo benestar dos seus concidadáns e intentar que toda a os conveciños teñan o pan o fin de mes en riba da mesa, pois ben disto, nada de nada o paro sigue medrando e o noso gobernante sigue sin facer nada ou iso aparenta.
Dende o Centro Democrático Liberal da Guarda nos facemos as seguintes preguntas:
Vimos de saber que as obras do Castelo de Santa Cruz xa comezaron e a empresa axudicataria foi a antiga Movex Vial agora chamada Civis Global, SL, pois ben ¿cantos traballadores ten dita empresa traballando en dita obra que son da Guarda? Cantos deles son dos colectivos que máis estan a sufrir esta crise; me refiro a persoas que logran o seu primer traballo ou que teñen entre 18 e 30 anos lémbrolle que sagún informes do Servicio Galego de Colocación na Guarda este colectivo chega a un 10%.
Cantos destes obreiros pertencen o colectivo de minusbalidos?
Que se esta a facer para reducir o paro no noso concello?
Cantas persoas discapacitadas están contratadas no concello? Se vai a tomar a decisión fe fomentar o emprego das persoas con discapacidade? E curioso que sexa unha das bandeiras de partido socialista, o benestar, e que demanden que non se recorten os servicios de benestar e sin embargo na Guarda non se fae un plan para o fomento de contratación destas persoas.
Lémbrolle que este partido presentou unha moción no mes de febreiro onde se expuña unha serie de suxestións sobre este eido. Recoméndolle a este equipo de goberno que as volva a leer e que aprobe algunha que alí se demandaba.
Non queremos desaproveitar esta ocasión para demandar por parte do empresario que faga todo o posible por garantir eses postos de traballo, e que faga todo o posible por reducir a lacra dos accidentes laborais.
Dende o Centro Democrático Liberal da Guarda, queremos dar os nosos parabéns a todos aqueles que no día de hoxe teñen un posto de traballo e aqueles que non o teñen darlle todos os ánimos posibles para que pronto o encontres  

Ningún comentario:

Publicar un comentario