A Porta Verde do Sétimo Andar realizará un encontro artístico o 25 de maio na Coruña
Poesía, música, fotografía e outras experiencias creadoras estarán no Pub Borrazás grazas a este colectivo nado en 2005.
Colectivo poético 'A Porta Verde do Sétimo Andar'
O colectivo poético A Porta Verde do Sétimo Andar desenvolverá un encontro artístico o 25 de maio ás 20:30 horas no Pub Borrazás (Rúa do Orzán, 165). Participarán, entre outras, Celia Parra, Alberte Momán, Verónica Martínez, Manuel Miragaia, Pili Mera, Alfonso Láuzara, Natalia Concheiro, Diego Villar, Manolo Pipas, Paco Gallego, Ramiro Vidal Alvarinho, Miguel Ángel Alonso, Paco Souto, Lino Garcia, Diego Villar, François Davo e Begoña Paz.
+ INFO

Ningún comentario:
Publicar un comentario