3 de maio de 2012

DEPORTES

SALIENTABLE ACTUACIÓN DAS XOGADORAS DO ATL. GUARDÉS NO IX CAMPIONATO DE SELECCIÓNS PROVINCIAIS

Informa: Manuel Ángel Pombal Diego



Que Pontevedra ten bos equipos de balonmán non o dubida ninguén, pero no IX Campionato de Seleccións Provinciais galegas correspondentes ás categorías alevín mixto e infantil masculina e feminina celebrado este martes 1 de maio demostrouse, ademais, que hai canteira para que iso siga sendo así. O campionato, organizado pola Federación Galega de Balonmán, celebrouse en tres pavillóns de Santiago de Compostela: o alevín mixto xogouse en Fontiñas, o infantil feminino en Pontepedriña e o infantil masculino no pavillón Restollal. Foron 3 encontros, con tres tempos de 12 minutos, os que xogou cada selección (contra as seleccións das outras 3 provincias galegas), polo que se celebraron 6 encontros en cada pavillón.
Coa selección infantil feminina de Pontevedra participaron dúas xogadoras do Atl. Guardés: SARA ALONSO BARBOSA e MARTA POMBAL MARTINEZ, as cales brillaron a gran altura, o mesmo que fixeron todas as súas compañeiras de equipo. Resultou ser un día cheo de bo balonmán, onde as representantes de Pontevedra dominaron o campionato de principio a fin, sen deixar escapar nin un só punto dos 18 que se xogaban. Os resultados finais de cada encontro así o corroboran, marcando un total de 81 goles (29, 29, e 23), mentres que tan só encaixaron 21 (3, 8, e 10). A pesar de haber adestrado xuntas pouco mais dunha hora, semellaba que o levaban facendo toda a tempada. Moveron o balón con seriedade, de banda a banda ata encontrar un hoco nas defensas rivais, sen “emborracharse” de balón, presionando en defensa, sempre con boa actitude e ordenadamente, apoiándose unhas as outras.... coas porteiras respondendo tamén á perfección; de tal xeito que cando cambiaba todo o equipo entre o primeiro e o segundo tempo de cada encontro (era unha das normas do regulamento para asegurar que as 14 xogadoras de cada selección participaran no campionato un mínimo de 12 minutos por encontro), o xogo non se resentía. Tan só o segundo tempo do encontro coa selección de Ourense reflectiu un resultado apertado (6-5), os demais gañáronse con facilidade, a pesares de que as seleccións de Lugo e Ourense contaban con varias xogadoras un ano maiores que as de A Coruña e Pontevedra, as cales eran todas infantís de primeiro ano.
Aínda que non con tanta diferenza de puntos como a feminina, a selección infantil masculina tamén dominou o campionato da súa categoría acadando un total de 14 puntos. Segunda foi a de Ourense con 10 puntos, terceira a de A Coruña con 7 puntos e cuarta a de Lugo con 5 puntos.
Na categoría alevín mixta a selección pontevedresa tamén dominou o campionato acadando un total de 16 puntos (tan só perdeu un tempo por 6-5 coa de A Coruña). Nesta categoría tamén quedou segunda a de Ourense con 9 puntos, terceira a de Lugo con 7 puntos, e cuarta a de A Coruña con 4 puntos.
Tan só nos queda felicitar aos mais de 160 participantes neste campionato polo gran día de balonmán que nos ofreceron, e animalos a que sigan adestrando e progresando, posto que representan o futuro do balonmán galego. Un bo futuro, sen lugar a dúbidas.

Corpo técnico da selección infantil feminina:
SELECCIONADORA: MERCEDES MARTINEZ VAZQUEZ
AXUDANTE: ALEJANDRO OCAMPO OCAMPO
DELEGADA: MARIA DARRIBA LÓPEZ
Resultados de todos os encontros xogados na categoría infantil feminina:
PAVILLÓN PONTEPEDRIÑA: INFANTIL FEMININA
ENCONTRO
RESULTADOS
GOLES 1º T GOLES 2º T GOLES 3ºT PUNTOS
A CORUÑA- PONTEVEDRA 2-10 0-12 1-7 0-6
LUGO - OURENSE 3-5; 2-2; 5-4; 3-3
A CORUÑA - OURENSE 1-8;  5-5;  3-6; 1-5
PONTEVEDRA - LUGO 9-3; 11-0; 9-5; 6-0
LUGO - A CORUÑA 7-3; 1-3; 8-4; 4-2
OURENSE - PONTEVEDRA 4-9; 5-6; 1-8; 0-6
Clasificación final da categoría infantil feminina:
1º Pontevedra (18 puntos)
2º Ourense (8 puntos)
3º Lugo (7 puntos)
4º A Coruña (3 puntos)

Ningún comentario:

Publicar un comentario