|
Posted: 04 Apr 2012 10:55 AM PDT
 O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, sae ao cruce das acusación do PSOE sobre unha presunta desfeita medio ambiental contra o Río Muiños. O rexedor asegura que o Concello de Nigrán conta cos permisos de dúas actuacións: a limpeza e baleirados de areas acumuladas para evitar eventuais crecidas do caudal e o arranxo dunha tubaxe de saneamento. Nese senso declarou que ningunha de ambas as dúas actuación supón "un atentado contra o medio ambiente senón máis ben todo o contrario, xa que se están realizando para limpar e mellorar a contorna desta canle".

|
|
Posted: 04 Apr 2012 10:22 AM PDT
 Esquerda Unida de Nigrán denuncia o incumprimento da data de comezo das obras de construción do Centro de Saúde de Panxón. Segundo informa este colectivo, por acordo plenario do pasado 30 de marzo de 2011, as obras deberían estar empezadas o pasado venres. EU responsabiliza á Xunta de Galicia da falla de dotación orzamentaria para a obra, así como aos gobernos de Efrén Juanes (2007 - 2011) e do actual alcalde Alberto Valverde por non defender debidamente os servizos públicos do municipio.

|
|
Posted: 04 Apr 2012 05:39 AM PDT
 O PSOE reclama a dimisión dos concelleiros José Álvarez (Obras) e Ignacio Vilar (Urbanismo e Medio Ambiente), ante o que entenden unha "nova desfeita" do goberno popular de Nigrán nos "referentes medio ambientais" do municipio. O concelleiro Juan González (PSOE), acusa aos concelleiros populares de ser os responsables dun presunto aterrado e modificación da canle do Río Muíños "sen autorización nin seguimento de Augas de Galicia".

|
|
Posted: 04 Apr 2012 04:41 AM PDT
 Axilizar o trámite do PXOM, a construción do centro de saúde en Panxón, e o pago de 300 mil euros pola expropiación do almacén municipal, foron as principais demandas do equipo de goberno de Nigrán achegadas a Alberto Núñez Feijoo, nunha xuntanza mantida en Santiago de Compostela o pasado martes. Na xuntanza, tamén abordáronse unha licitación pendente para mellorar o Camiño de Santiago pola Costa, a instalación de novas redes de xeración eléctrica no municipio, así como a ampliación da cobertura de Banda Larga no concello.

|
|
Posted: 04 Apr 2012 03:57 AM PDT
 O Mercado Tía Ni anuncia unha charla - encontro para os fanáticos e aqueles que queiran iniciarse no "mundo fantástico" das Cartas Magic. O mozo vigués, Roberto Alonso será o encargado do faladoiro sobre estes coleccionables creados por Richard Garfield(New York, 1966), na década dos 90 e que conta hoxe con más de seis millóns de seguidores en todo o mundo. A partir das 18 horas, na Rúa Julián Valverde, nº 36 (Sabarís), os participantes tamén terán un mercado para comprar ou intercambiar tacos e naipes.

|
|
Posted: 04 Apr 2012 12:04 AM PDT
 A Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC) organiza o vindeiro 15 de abril en A Coruña, unha marotón solidaria para a asociacións que ofrece axuda asistencial ás persoas que sofren lupus, esclerose lateral amiotrófica, ataxia, fibrosis quística, linfedema, retinose pigmentaria, Arnold-Chiari e esclerose múltiple.
A feredación Inicia unha campaña online de crowdfunding (micro achegas) para conseguir recadar 4.200 euros, o mesmo importe que foi recortado nas subvencións públicas que recibían.

|
|
Posted: 03 Apr 2012 12:18 PM PDT
Os datos oficias do desemprego para o Val Miñor arroxan novamente datos negativos ao peche das estatísticas o pasado 31 de marzo. Xa son 4.850 os veciños empadroados na bisbarra que perderon a súa fonte de traballo. En números absolutos medra en 34 casos con relación a febreiro. A situación máis grave rexístrase no concello de Gondomar con 1.807 casos que comprometen a situación económica do 18,28% da súa poboación activa. Baiona, por segundo mes consecutivo rexistra un leve descenso con 9 casos menos co respecto a xaneiro, aínda que o paro castiga ao 14,77% da súa poboación en idade de traballar. En Nigrán, o desemprego alcanza a 1.780 persoas, o que equivale ao 14,50% da súa poboación activa.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario