4 de abr. de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 03 Apr 2012 12:18 PM PDT
Os datos oficias do desemprego para o Val Miñor arroxan novamente datos negativos ao peche das estatísticas o pasado 31 de marzo. Xa son 4.850 os veciños empadroados na bisbarra que perderon a súa fonte de traballo. En números absolutos medra en 34 casos con relación a febreiro. A situación máis grave rexístrase no concello de Gondomar con 1.807 casos que comprometen a situación económica do 18,28% da súa poboación activa. Baiona, por segundo mes consecutivo rexistra un leve descenso con 9 casos menos co respecto a xaneiro, aínda que o paro castiga ao 14,77% da súa poboación en idade de traballar. En Nigrán, o desemprego alcanza a 1.780 persoas, o que equivale ao 14,50% da súa poboación activa.

 
Posted: 03 Apr 2012 02:55 AM PDT
panxonA Concellería de Turismo, Cultura e Deportes de Nigrán informou esta mañá que se atopa aberta ao público dende o pasado 1 de abril a súa Oficina de Turismo en Dunas de Gaifar (Panxón). A mesma estará aberta os sete días da semana no horario de 10:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 20:00 horas.

 
Posted: 03 Apr 2012 02:36 AM PDT
quempallouCunha estética baseada no mundo do xornalismo, Vellas Novas, o novo álbum de Quempallou contén composicións propias e tradicionais cargado de matices sonoros e cunha gran dose de influencias musicais, que chegan desde a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena. Na web do grupo pódense escoitar xa os temas Na Habana e Foliada do viño.

 
Posted: 03 Apr 2012 02:05 AM PDT
prevencion-riesgos-laboralesA Concellería de Promoción Empresarial, Emprego e Comercio do Concello de Nigrán informa que ven de abrir o prazo de inscrición nun curso de formación gratuíto dirixido, preferentemente, a persoas desempregadas e empadroadas en Nigrán que desexen adquirir coñecementos na rama da prevención de riscos laborais.

 
Posted: 03 Apr 2012 01:49 AM PDT
encontro-entre-dous-mundosDurante aproximadamente 2 horas, un guía turístico especializado, percorrerá cos turistas e visitantes que o desexen, o casco histórico de Baiona. Entre outros, visitaranse os seguintes recursos: o Encontro Entre Dous Mundos, Convento das Dominicas, Capela da Misericordia, Ex colexiata de Sta. María, etc, para finalizar na réplica da Carabela Pinta. Non será necesaria inscrición previa.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario