3 de abr. de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 02 Apr 2012 02:03 PM PDT

dende-a-portaDesde a noite dos tempos, a cerámica, o material plástico por excelencia, acompañou sempre, no seu uso instrumental e cotián, as necesidades do ser humano, desenvolvendo, ao mesmo tempo, un sentido estético e simbólico derivado das súas directas relacións coa terra, a auga e o fogo. O certo é, tamén, que, á sombra da escultura ou a pintura mural, e lastrada pola utilitaria relación entre forma e función, a cerámica mantivo secularmente a consideración de arte menor, artesanal e decorativa. Non foi ata o século pasado, da man dos tentos de renovación e nivelación das artes que sucederon á eclosión das ciencias sociais e ás vangardas artísticas, que a cerámica acadou, finalmente, o respecto e a aceptación como soporte singular e independente de creación e innovación. Entendida, entón, como forma complexa no espazo, e sometida á unha fonda e ampla investigación, histórica, antropolóxica e técnica, a cerámica quedou exposta, como calquera outra expresión contemporánea, ás proveitosas discusións e debates que, na configuración e definición dos criterios que avalan unha obra artística, xurdiron no baleiro promovido pola desaparición do canon e os seus referentes.

 
Posted: 02 Apr 2012 03:08 PM PDT
cies 03A concellaría de Benestar Social e Sanidade comunicou a través do departamento de Servizos Sociais que está a organizarse para o vindeiro venres 27 de abril unha excursión ás Illas Cíes, con saída dende o porto de Panxón.

 
Posted: 02 Apr 2012 10:07 AM PDT
bellas-artesCando espertei non me doía a cabeza, e quizais debería. Onte, tras saír da cervexaría, o primeiro impulso levounos aoTeatro Español; inmediatamente, rexeitamos a idea: a función comezara había xa tempo. Para mitigar a frustración, decidimos buscar onde cear algo. Anoitecía. As rúas eran un fervedoiro no que a xente estaba, ía, e viña; nós con ela. Entramos nun restaurante da zona e acomodámonos. Unha hora despois dabamos cabo da botella de mencía que pediramos para acompañar os cogollos con ventrecha de bonito e as costelas adobadas, mentres tanto, nunha punta da mesa, esperaba un arroz con leite. Fóra seguía o bulicio, oíase dentro. Nós tiñamos claro que en canto saísemos do restaurante iriamos ao Populart, na rúa Huertas, veciño ben avido do vello Parnasillo del Príncipe. Cando chegou o momento comprobamos que estaba ata os topes, coma sempre. Con moito traballo e algo de sorte acadamos un sitio preferente e, ao tempo que escoitabamos como un animoso quinteto, con máis ganas que acerto, versionaba, unha tras outra, clásicas pezas de blues, lentamente, fomos cocéndonos a gin-tónics. Xa de madrugada, deixamos o Populart.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario