23 de abr. de 2012

REMO

AS PROMESAS FÉMINAS DO CLUBE DE REMO ROBALEIRA ACADARON O CAMPIONATO GALEGO DE BATEIS




Informa: Hermelindo Martínez González / A Pobra do Caramiñal

Esta fin  de semán celebrouse en augas da Pobra do Caramiñal o Campionato Galego de Bateis Conde de Fenosa.
O Clube de Remo Robaleira acudía a esta cita con cinco tripulacións, sendo o clube do sur que mais embarcacións logrou clasificar para dita proba. Este campionato celébrase a dobre xornada. O sábado remáronse ás regatas clasificatorias, pasando a final do domingo as cinco mellores tripulacións. Robaleira colocou catro tripulacións nas regatas finais. Promesas e Absolutas féminas: e Infantiles e Cadetes masculinos.
A tripulación Promesas Féminas partían como favoritas e non defraudaron. Alzáronse co trunfo procramándose Campionas Galegas da categoría, e gañando a praza para o nacional da vindeira semán. A tripulación Absoluta Féminas logrou a terceira plaza do podium nunha gran regata, que as fixo merecedoras do Bronce, e unha das prazas para o campionato de España. 
As tripulacións Masculina Infantil  e Cadetes quedaron as portas do podium con dous cuartos postos, se ben a espera dos tempos oficiais das embarcacións das otras autonomías, pédese confirmar unha praza mais para o campionato de España,  pendentes do cuarto billete para o nacional,  polo que de  confirmarse Robaleira clasifica catro embarcacións para o nacional.








Ningún comentario:

Publicar un comentario