DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
PREVISIÓNS INFORMATIVAS
MARTES, 24 DE ABRIL DE 2012
-10:30 horas……………O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e
a deputada provincial, Ana Isabel Vázquez, ofrecen unha rolda de prensa e unha
visita guiada só para xornalistas, á exposición «Motos Históricas. Cen anos
sobre rodas», do coleccionista de Gondomar Manuel Gómez González. Amosaranse 58 motocicletas dun total de 131 que conforman a que está
considerada como unha das mellores coleccións do mundo e que cronoloxicamente
abarcan o período de finais do século
XIX ata finais do século XX. Lugar: no edificio Sarmiento do Museo de
Pontevedra.
-11:30 horas…………. As deputadas provinciais Ana Isabel Vázquez,
e Begoña Estévez, participan na rolda de prensa de presentación do VII Trofeo
Deputación Pontevedra Natación Sincronizada. No Pazo Provincial.
-20:00 horas………….A deputada provincial, Ana Isabel Vázquez,
asiste á conferencia de Francisco Martín Valentín sobre “Os traballos da Misión
Arqueolóxica Española en Exipto. Proxecto Visir Amen-Hotep Huy”. No sexto edificio do Museo de Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario