Carta aberta á Conselleira de Medio Rural: Arderon as Fragas do Eume
Xabier P. Docampo
Señora Conselleira: Escríbolle a vostede, pero o mesmo lle podía escribir ao señor Conselleiro que leva asuntos de medio ambiente, mais como tamén é o de Economía e Industria, cousa esta última que non me casa moito co medio ambiente, vouno deixar para outra ocasión. Ao señor presidente xa lle escribín estoutro día e aínda non me contestou, entendo que ha estar ocupado e non llo tomo a mal.

Ningún comentario:
Publicar un comentario