5 de abr. de 2012

OPINIÓN


Excelentísima Junta de Andalucita

Diego Giráldez

Mentres aquí surfeabamos na seca, no sur a auga apagaba as lapas da excitación cristiá. E se acolá cubriron os pasos procesionais con plásticos e tan só teñen que agardar un ano para repoboar a súa fé, aquí precisaremos séculos para atopar as sementes de fieitos milenarios que enmoquetaban o Eume. A chuvia caeu tarde, pasou de nós e preferiu incomodarlle os plans a ese turismo tan reportaxeado no Telexornal en vacacións. O mesmo que vén a fotografarse co verde que nos arrebatan; o que tanto nos enriquece (o turismo, digo). Máis de trece horas sen valoracións oficiais da catástrofe que estamos a sufrir indican que seguramente precisemos dunha nova cor primaria que nos defina. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario