24 de abr. de 2012

O ROSAL

II CERTAME DE MÚSICAS EMERXENTES

"LIROLAI", DO ROSAL PARTICIPA EN NOVO SON


Orgaizado pola Radio Galega, xa está en marcha o II Certame de Músicas Emerxentes. 


O Grupo folk "Lirolai", do Rosal participa na categoría Músicas urbanas e do mundo, coa composición "Rumba do Muiño". 
VOTACIÓNS POR FACEBOOK
Os usuarios de facebook tamén podedes votar polos vosos favoritos en Novo Son. Será a través da páxina do programa A Tarde.  Pero tede en conta o seguinte:
-Os votos faranse en forma de comentario, debaixo da entrada destinada para ese fin cada día.
-Só se contabilizarán os votos emitidos dende o momento no que se publica a entrada ata a finalización do programa (19.00).
-Só será válido un voto por perfil de facebook ó día.
-O reconto de votos farase ó final de cada fase e engadiranse ós votos de internet.
PROCESO DE SELECCIÓN E VOTACIÓNS
.- Os gañadores serán elixidos en dúas fases.
1ª. A audiencia da Radio Galega seleccionará as cancións finalistas en cada unha das tcategorías do concurso a través de tres sistemas de votación: chamadas en directo, mensaxes SMS e Internet.
2ª. Os sete grupos ou solistas con maior número de votos en cada categoría pasarán a ser cualificados por un xurado especializado. Neste tempo, a audiencia da Radio Galega seguirá participando e, cos seus votos, decidirá o ‘Premio do Teléfono’ e o “Premio de Internet”.
.- VOTOS WEB: emitidos electronicamente a través do sistema habilitado na web www.radiogalega.es/novoson. Os usuarios  só poderán emitir un voto diario.
.- VOTOS SMS: emitidos a través do teléfono móbil. Os usuarios deberán consultar na webwww.radiogalega.es/novoson o código asignado a cada canción para votar pola súa favorita mediante unha mensaxe de texto. Non hai límite de votos diarios. Os votos sms computaranse e faranse públicos ó remate das fases 1 e 3.
.- VOTOS TELEFÓNICOS: emitidos en antena, na Radio Galega, nos espazos habilitados para este propósito.



Ningún comentario:

Publicar un comentario