4 de abr. de 2012

A GUARDA

ONTE ESCOMENZARON AS PRIMEIRAS ACCIONS DO GRUPO DE AFECTADOS DAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES DO BAIXO MIÑO CONTRA LA CAIXA



O martes 3 de abril, empezaron as primeiras accións do Grupo de Afectados das Participacións Preferentes do Baixo Miño contra La Caixa. Un grupo de sete afectados presentáronse na oficina desta entidade na Guarda coa finalidade de entregar ao director da mesma sendas reclamacións dirixidas ao Servicio de Atención ao Cliente. O director negouse a dar unha copia asinada do documento presentado, polo que os afectados víronse na necesidade de chamar á Policía Local para que levantara acta deste feito, como así fixeron. Polo menos, dende o mes de novembro pasado o Director da oficina de La Caixa de A Guarda ven dando largas para tratar ao asunto, dando datas de posibles arranxos, pero o certo é que as preferentes colocadas pola Caixa, sen que os aforradores quixeran contratar este producto, están vendo como os seus cartos van perdendo valor. Dende aquí pedimos a tódolos afectados de La Caixa que se poñan en contacto con nós a través do enderezo electrónico:    fraudeparpre@gmail.com


A Guarda, a  3 abril de 2012

GRUPO DE AFECTADOS DPO LAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES-BAIXO MIÑO

Ningún comentario:

Publicar un comentario