CONVERXENCIA GALEGA PRESENTOU 14 PÁXINAS DE ALEGACIÓNS OS INGRESOS E OS GASTOS PREVISTOS POLO GRUPO DE GOBERNO NOS ORZAMENTOS DE 2012
BEATRIZ ESTÉVEZ ÁLVAREZ, Concelleira-Portavoz deste Grupo Municipal, por medio desta nota, quer
facerte chegar as alegacións presentadas aos Presupostos Municipais-2012, dos
cales aportamos os máis resaltantes, xa que os mesmos ocupan 14 páxinas, aparte
de haber presentado algúns ao apartado referente ao Padroado Municipal do Monte
de Santa Trega.
Acompañamos unha
selección das mesmas, para que vos poidades facer a vosa interpretación,
quedando a vosa disposición para calquer aclaratoria.
A
Guarda, a 04 de Abril do 2.012
PRESENTA ALEGACIÓNS OS INGRESOS
DO ORZAMENTO DO 2.012.
1ª ALEGACIÓN. Partida
0/11202/01 Xestión de altas IBI = 60.000€; na liquidación das contas do ano
2.010 só se ingresou por este concepto = 2.212€; polo cal hai unha sobrevaloración de +57.700€. Pedimos que se faga
unha reducción da mesma ata niveles máis próximos á realidade = 2.300€; non
parece estar xustificado un incremento
dun +2.600% nesta partida.
2ª ALEGACIÓN. Partida
0/11300/01 Impostos de bens de natureza urbana =
985.000€; na liquidación das contas do ano 2.010 só se ingresou por este
concepto = 833.660€; polo cal hai
unha sobrevaloración de
+151.300€. Pedimos que se
faga unha reducción da mesma ata niveles máis próximos á realidade = 830.300€; non
parece estar xustificado un incremento
dun +18% nesta partida.
12ª ALEGACIÓN. Partida
0/39100/01 Multas por infraccións urbanísticas = 5.000€; na liquidación das
contas do ano 2.010 só se ingresou por este concepto = 0€; polo cal hai unha sobrevaloración de +5.000€. Pedimos que se faga unha reducción da mesma ata niveles máis
próximos á realidade = 10€. A valoración
desta partida é irreal.
13ª ALEGACIÓN. Partida
0/33200/01 Participación en compañías explotadoras de servicios = 65.000€; na
liquidación das contas do ano 2.010 só se ingresou por este concepto = 13.900€;
polo cal hai unha sobrevaloración de
+51.100€. Pedimos que se faga unha reducción da mesma ata niveles máis
próximos á realidade = 14.000€; nesta partida o grupo de goberno pode facer
moito máis para acadar ingresos; non parece estar xustificado un incremento dun +360% nesta partida,
polos precedentes que existen.
17ª ALEGACIÓN. Partida
0/39913/01 Ingresos do Ferry = 150.000€; na liquidación das contas do ano
2.010 só se ingresou por este concepto = 113.000€; polo cal hai unha sobrevaloración de +37.000€.
Pedimos que se faga unha reducción da mesma ata niveles máis próximos á
realidade, ademais debe terse en conta os problemas operativos polo que pasa
este servicio = 112.000€; non parece estar xustificado un incremento dun +30% nesta partida.
19ª ALEGACIÓN. Partida
0/45013/01 Subvención da Festa da Langosta = 25.000€; na liquidación das
contas do ano 2.010 só se ingresou por este concepto = 0€; polo cal hai unha sobrevaloración de +25.000€. Pedimos que se faga unha reducción da mesma ata niveles máis
próximos á realidade = 10€. A valoración
desta partida é irreal.
23ª ALEGACIÓN. Partida
0/55900/01 Cafetería do Ferry = 6.120€; na liquidación das contas do ano 2.010
só se ingresou por este concepto = 0€; polo cal hai unha situación de impago 6.120€. Pedimos que se emita un
informe de intervención desta situación de impago e sexa actualizado ata 31 de Decembro
do 2.011.
24ª ALEGACIÓN. Partida
0/75080/01 Subvención redacción do PXOU = 23.400€; na liquidación das contas
do ano 2.010 só se ingresou por este concepto = 10.400€; polo cal hai unha sobrevaloración de +13.000€. Pedimos que se faga
unha reducción da mesma ata niveles máis próximos á realidade = 10.300€; non
parece estar xustificado un incremento
dun +125% nesta partida.
+0+0+0+0+0+0+0+0+0+0+0+
Entendemos que hai un exceso na previsión de ingresos
de +483.000; de non acadarse esta previsión de ingresos podería xerar
un déficit, ou sexa aumentar as débedas do Concello. Resulta evidente que os
ingresos resultan insuficientes para cubri-los gastos previstos nestes
orzamentos do 2.012, polo que resulta imprescindible facer importantes recortes
nos gastos.
No ano 2.010 fíxose unha previsión de ingresos de 8.965.147,35€, pero logo ó
finaliza-lo exercicio a recadación
real foi de 7.303.765,78€, ou sexa existiu un desvío de -1.661.381,57€;
sabemos que continuamente falan da contención dos gastos, pero nese ano
2.010 fixeron un gastos de 7.526.296,74€ a maiores do ingresado fíxose un gasto
222.530,96€, falando máis claro fixeron unhas débedas por ese importe.
Na páxina 11º do
informe do Servicio de Intervención
dise: “a elaboración e cálculo das previsión de ingresos débese de realizar
có rigor necesario e conforme ó principio de prudencia para evitar resultados
negativos na execución orzamentaria.” “A xuízo da que subscribe
(Interventora) considera que algunhas previsións de ingresos non están suficientemente
documentadas atendendo ós dereitos recoñecidos no exercicio anterior.”
Na páxina 12º do informe do Servicio de Intervención dise: “para ser prudentes esta
Intervención recomenda que o gasto non se autorice ata a confirmación da
subvención. En todo caso o máis adecuado sería esperar a que se conceda a
correspondente subvención, de ahí proceder á correspondente modificación
orzamentaria”.
PRESENTA ALEGACIÓNS OS GASTOS DO
ORZAMENTO DO 2.012.
10ª ALEGACIÓN. Partida
0/163/2270001/01 Recollida lixo Plan
Sogama = 180.000€; na liquidación das contas do ano 2.010 se gastou por
este concepto = 221.735€; polo cal hai
unha minusvaloración de
-41.735€. Pedimos que se
manteña a seguinte cantidade como o teito de gasto a non sobre pasar = 190.000€.
16ª ALEGACIÓN. Partida
0/241/22100/01 Suministro de enerxía
eléctrica á Casa de Oficios = 1.000€; na liquidación das contas do ano
2.010 se gastou por este concepto = 1.046€; polo uso puntual e pouco que ten
esta instalación, pedimos que se sinale como teito de gasto a non sobrepasar =
500€.
17ª ALEGACIÓN. Partida
0/241/22200/01 Teléfono da Casa de
Oficios = 1.000€; na liquidación das contas do ano 2.010 se gastou por este
concepto = 2.052€; polo uso puntual e pouco que ten esta instalación, pedimos
que se sinale como teito de gasto a non sobrepasar = 500€.
18ª ALEGACIÓN. Partida
0/312/22100/01 Enerxía eléctrica do
Centro de Saúde = 8.900€; na liquidación das contas do ano 2.010 se gastou
por este concepto = 0€; polo cal hai unha sobrevaloración de +8.900€.
Pedimos que se faga unha redución da mesma ata niveles máis próximos á
realidade = 0€; non parece estar xustificada esta partida, semella que está
aberta para traspasar este diñeiro a outras partidas.
22ª ALEGACIÓN. Partida
0/320/22100/01 Enerxía eléctrica
Ensinanza = 25.000€; na liquidación das contas do ano 2.010 só se gastou
por este concepto = 5.800€; polo cal hai
unha sobrevaloración de +19.200€. Pedimos que se faga unha reducción da
mesma ata niveles máis próximos á realidade = 5.800€; non parece estar
xustificado un incremento dun +330%
nesta partida.
26ª ALEGACIÓN. Partida
0/334/22200/01 0/334/2220003/01 Teléfono
do Centro de Cultural = 5.500€; na liquidación das contas do ano 2.010 se
gastou por este concepto = 8.030€; entendemos que ambos casos os gasto en uso
de telefono son máis que excesivos, pois aínda collendo a cantidade menor de
5.500€ ven supoñendo un gasto
telefónico de +16€/ día. Propoñemos sinalar unha cantidade como teito
de gasto a non sobrepasar = 500€.
27ª ALEGACIÓN. Partida
0/334/222001/01 0/334/2220004/01 Teléfono
da Radio Municipal = 9.600€; na liquidación das contas do ano 2.010 só se
gastou por este concepto = 0€; polo cal hai unha sobrevaloración de +9.600€.
Pedimos que se faga unha reducción da mesma ata niveles máis próximos á
realidade = 0€, isto ven supoñer que xerase unha partida para un gasto telefónico de +26€/ día; non
parece estar xustificado o importe desta partida, que rematará engrosando logo
a outra totalmente distinta.
29ª ALEGACIÓN. Partida
0/334/22608/01 0/334/2260801/01 Actividades
culturais = 75.240€; na liquidación das contas do ano 2.010 só se gastou
por este concepto = 67.000€, pero logo o realmente gastado foi de 116.777, nese
ano ó final a partida tivo un incremento dun 74%. Neste ano hai unha
sobrevaloración de +8.240€. Pedimos que se faga unha reducción da mesma ata
niveles máis próximos á realidade = 67.000€; que se sinale a anterior cantidade
como teito de gasto, pois logo aparece un incremento dun +74% nesta partida
no ano 2.010; ¡xa veremos que desfase existiu no ano 2.011. Resulta evidente que non hai un control
de gasto nesta partida, polo cal faise máis que necesario tomar unha disciplina
presupostaria.
33ª ALEGACIÓN. Partida
0/334/222000/01 0/334/2260201/01 Telefono do pavillón municipal =
1.230€; na liquidación das contas do ano 2.010 só se gastou por este concepto =
0€; polo cal hai unha sobrevaloración de +1.230€. Pedimos que se faga unha reducción da
mesma ata niveles máis próximos á realidade = 0€; non parece estar xustificado esta partida.
35ª ALEGACIÓN. Partida
0/432/2260200/01 0/432/226020001/01 Publicidade
e propaganda de turismo = 27.370€; na liquidación das contas do ano
2.010 presupostouse por este concepto = 20.000, pero logo o realmente gastado
foi de 42.644, nese ano ó final a partida tivo un incremento dun 113%.
Entendemos hai unha sobrevaloración de +7.370€. Pedimos que se faga unha
reducción da mesma ata niveles máis próximos á realidade = 20.000€; non parece
estar xustificado un incremento dun +36% nesta partida. Que se sinale a
anterior cantidade como teito de gasto, pois logo aparece un incremento dun
+113% nesta partida no ano 2.010; ¡xa veremos que desfase existiu no ano 2.011.
Resulta evidente que non hai un
control de gasto nesta partida, polo cal faise máis que necesario tomar unha
disciplina presupostaria.
36ª ALEGACIÓN. Partida
0/432/2260401/01 Plan Director de turismo = 10.000€; na liquidación das contas do
ano 2.010 só se gastou por este concepto = 0€; polo cal hai unha sobrevaloración de +10.000€. Pedimos
que se faga unha reducción da mesma ata niveles máis próximos á realidade = 0€; non parece estar xustificada esta
partida, a menos que se presente por escrito cal é ese Plan Director.
37ª ALEGACIÓN. Partida
0/432/226040/01 0/432/22604002/01 Dinamización turístico-comercial =
38.800€; na liquidación das contas do ano 2.010 presupostouse por este
concepto = 53.000, pero logo o realmente gastado foi de 57.900€, nese ano ó
final a partida tivo un incremento dun 9%. Pedimos que se sinale como teito
de gasto = 38.000€; ¡xa veremos que desfase existiu no ano 2.011. Resulta evidente que non hai un control
de gasto nesta partida, polo cal faise máis que necesario tomar unha disciplina
presupostaria.
42ª ALEGACIÓN. Partida
0/453/623000/01 Inversións en aforro enerxético = 0€; na liquidación das contas do
ano 2.010 só se gastou por este concepto = 0€; pero nos orzamentos do 2.010
presupostarase 20.000€. Pedimos que se elabore un plan de aforro
enerxético; non ten sentido presupostar diñeiro que logo se gasta noutras
cousas.
43ª ALEGACIÓN. Partida
0/440/210000/01 Gastos do Ferry = 150.000€; na liquidación das contas do ano 2.010
só se gastou por este concepto = 117.000€; Entendemos que dada a situación
actual do servicio non é real; pensamos que é máis realista a previsión do ano
2.010; pedimos que se faga unha reducción da mesma ata niveles máis
próximos á realidade = 110.000€;
44ª ALEGACIÓN. Partida
0/912/22601/01 Atencións protocolarias = 4.500€; na liquidación das contas do ano
2.010 presupostouse por este concepto = 5.000, pero logo o realmente gastado
foi de 8.600€, nese ano ó final a partida tivo un incremento dun 72%.
Pedimos que se sinale como teito de gasto = 4.000€; ¡xa veremos que desfase
existiu no ano 2.011!. Resulta
evidente que non hai un control de gasto nesta partida, polo cal faise máis que
necesario tomar unha disciplina presupostaria.
49ª ALEGACIÓN. Partida
0/920/2220000/01 0/920/2220001/01 Teléfono
da Administración Xeral = 31.470€; na liquidación das contas do ano 2.010
só se gastou por este concepto = 25.300€; polo cal hai unha sobrevaloración
de +6.170€. Pedimos que se faga unha reducción da mesma ata niveles máis
próximos á realidade = 25.000€; non parece estar xustificada nesta partida,
un incremento de +24%. O gasto de
telefono presupostado supón unha media de 105€ día, pensamos que é excesivo; un
gasto de 25.000€ supón un gasto diario de 70€ día, xa é moi alto. Resulta
evidente que non hai un control de gasto nesta partida, polo cal faise máis que
necesario tomar unha disciplina presupostaria.
63ª ALEGACIÓN. Tódalas
partidas de productividade e gratificacións para o persoal do Concello fai un
total de +61.750€. De acordo có artigo 47º da EBEP (Lei 7/2.007), cando a xornada de traballo exceda do
tempo establecido, compensarase con igual número de horas libres ou a
correspondente gratificación económica. Polo tanto a productividade e as
gratificación teñen un carácter extraordinario, en ningún caso deben ser fixas
e periódicas, pero nos orzamentos e as liquidación feitas en 2.010 e 2.011
dáselles carácter ordinario, fixo e periódico, o cal vai en contra da Lei 7/2.007. Así mesmo faise
necesario establecer un sistema para levar un control continuo e sistemático
do horario do persoal, para poder medi-las horas realmente feitas, e os
incumprimentos do horario a efectos disciplinarios. Tamén faise necesario establecer
un baremo obxectivo para medi-la productividade, a que persoal vai dirixida, os
obxectivos sinalados... Pedimos que mentres o anterior non sexa operativo,
as partidas sexa reducida a 0€.
64ª ALEGACIÓN. Partida
0/334/48900 Subvención a Felicidad Martínez Vicente = 370€; As subvencións desa
partida son para entidades culturais, pero aquí figura unha persoa física, a
cal evidentemente non é unha entidade; polo tanto que se anule a citada
asignación por non reuni-lo requisito de ser una asociación cultural.
65ª ALEGACIÓN. Partida
0/334/48900 Na partida de subvencións a
entidades de carácter cultural, hai certas asociacións
que dispoñen para o seu uso privativo de locais de propiedade municipal,
asumindo o Concello os gastos dos mesmos, polo que estas dispoñen dun ingreso
en especie que non está contabilizado, o cal debería de estar recollido e
valorado na partida.
66ª ALEGACIÓN. Partida
0/231/48900 Na partida de subvencións a
entidades de carácter asistencial, hai asociacións
que dispoñen para o seu uso privativo de certos locais de propiedade municipal,
asumindo o Concello os gastos dos mesmos, polo que estas dispoñen dun
ingreso en especie que non está contabilizado, o cal debería de estar recollido
e valorado na partida.
67ª ALEGACIÓN. Partida
0/334/48900 Debe de existir unha partida aberta para as Festas do Monte,
en principio por que así comprometeuse o equipo de goberno ante diferentes
alternativas á comisión a asumir certos gastos da Festa; pero tamén para
ter ben concretada cal é a aportación que fai o Concello e así poder ser
fiscalizada. Ata agora o diñeiro que aportaba o Concello para a Festa do Monte
saía de moitas e diferentes partidas, non había un control sobre este gasto, e
os datos que ofrecían nunca foron concordantes, nin foron capaces de presentalos
documentalmente, polo cal entendemos que hai unha opacidade contable.
68ª ALEGACIÓN. Existe
unha aportación monetaria do Concello ó Faro de Vigo (empresa privada), para
sufraga-los gastos da paxina nomeada como “entre ríos”. Non existe unha partida
concreta para isto, entendemos que é unha subvención encuberta, non
contabilizada, nin presupostada, nin xustificada; ademais foi asignada dun
xeito directo, sen seguir ningún tipo de procedemento administrativo.
Solicitamos como medida de aforro que este gasto no xustificado sexa anulado o
pago por este concepto correspondente ó ano 2.012.
69ª ALEGACIÓN. En base
ó artigo 76º da Lei 7/2.007 (EBEP) onde establece os grupos de clasificación
profesional dos funcionarios de carreira. Entendemos que a suplencia que algúns
funcionarios deste Concello do grupo C1 fan das funcións e atribucións legais
correspondentes ós funcionarios do grupo A non é correcta, así como a
asignación económica que perciben, o cal resulta un cobro indebido. O correcto
sería que aqueles funcionarios do grupo C1 que teñan a titulación académica
legalmente esixida para o grupo A, podan facer estas funcións, é que fosen
designados en comisión de servizos pola autoridade competente. Pedimos que a sustitución
do persoal funcionario do grupo A, fágase polo procedemento de comisión de
servizo ou solicitar da Deputación o persoal funcionario adecuado “in itinere”
polo tempo necesario para cubri-la suplencia.
Na páxina 13º do informe do Servizo de Intervención dise: “Esta Intervención recomenda unha maior
contención no gasto público, dado que as previsións de gastos son superiores a
de anos anteriores.” Nas alegacións aquí presentadas queda demostrado
esta valoración do Servizo de Intervención; a forma de elabora-los orzamentos
deste equipo de goberno é facer un previsión de gastos superior a do ano
anterior, e logo inventan uns ingresos ficticios que na realidade xa saben que
van a ser insuficientes para cubrir eses gastos. En conclusión os gastos non se reducen e os ingresos ínflanse.
Nas 68 alegacións presentadas, todas en
conxunto representan unha disminución dos gastos de 500.000€.
Na páxina 14º do
informe do Servizo de Intervención dise sobre as subvencións ás diferentes
asociacións: “Ademais das cuantías
que figuran no anexo para atribuír subvencións ás distintas asociacións, existe
a maiores cantidades nas distintas partidas par atender a subvencións puntuais
de carácter excepcional.” En tódalas partidas de gastos hai certas
cantidades presupostadas a máis dun xeito intencionado, para logo retraer de
todas esas partidas e engordar certas partidas de cultura, turismo, obras,...
para que sexa visible a labor de certos concelleiros.
No informe de
Intervención non se fala de certas asociacións que teñen un ingreso en especie, non contabilizado, pois dispoñen dun local de
propiedade municipal para o seu uso privativo e exclusivo, asumindo o
propietario (Concello) os gastos de consumo en electricidade, e dos custes de
taxas e prezos públicos. Deste xeito temos unha subvención encuberta,
e non contabilizada, nin fiscalizada, a
cal non se recolle nos orzamentos do Concello, que podería contabilizarse nos
2.200€/ano.
Na páxina 20º do informe do Servizo de
Intervención dise sobre a xestión do persoal: “tampouco existe un rexistro de
persoal, o que impide un correcto seguimento dos aspectos relativos ó
cumprimento de trienios por parte do persoal,.... Todo isto impide unha
correcta labor de fiscalización en materia de persoal”. Polo tanto é
necesario ter un rexistro do persoal que traballa para o Concello, cós seus
expedientes laborais, pois existen dúbidas da clasificación profesional e
tenencia da titulación académica oficial correspondente; tamén faise necesario implementar medidas de
calidade dos servizos que presta o concello os cidadáns.

Ningún comentario:
Publicar un comentario