A Asociación Galega de Viticultura (AGV) impartirá cursillos de iniciación a Cata de Viños
Infogauda / A Guarda
A Asociación Galega de Viticultura (AGV) impartirá cursillos de iniciación a Cata de Viños este venres e sábado a partir das seis e media da tarde no local Singular de A Guarda con un duración de dúas horas e media .
Neste curso farase un percorrido catando viños de adegas situadas neste marco incomparable do Baixo Miño, que é a subzoa do Rosal, incluida na D.O. Rias Baixas onde se poderán degustar viños monovarietais de albariño e tamén se catarán viños con mezcla de uvas como o loureiro (marqués chamado no Rosal ou cheiro no Ribeiro), caíño blanco e treixadura, castes autóctonas galegas que fan uns viños elegantes e aromáticos a hora de metelos na boca.
“A nosa intención e seguir facendo que a xente nesta Semana Santa poda disfrutrar dos nosos viños, do noso terruño e sobre todo que o turismo que veña o Baixo Miño leve un bo sabor de boca dos nosos caldos e da nosa cultura vitivinícola” dixo a Infogauda, Jorge Cardoso Mariño Coordinador da AGV no Baixo Miño.
“Creemos que o viño é turismo, e facer país, e queremos que a xente que nos visite que disfrute de todo isto, por que co viño pédese maridar o peixe de A Guarda, a horta do Rosal, e o Kiwi de Tomiño, etc…. “ apunta Jorge Cardoso.
O curso será impartido por Jose Antonio Gomez “Piño”, experto catador que conducirá o evento con unha primeira parte onde se explicará que é a subzoa do Rosal e cales son as súas características de climatoloxía e terra. Deseguido farase unha iniciación a cata de viños detallando os pasos para unha boa cata e rematando coa degustación de 8 viños brancos das adegas da subzoa do Rosal
As prazas son limitadas a 25 persoas. Para anotarse poden chamar o teléfono 672085534 ou 610725320 ou no correo electrónico xaraiba@msn.com

Ningún comentario:
Publicar un comentario