4 de abr. de 2012

A GUARDA


CONVERXENCIA GALEGA ADVIRTE DA PERIGOSIDADE PARA O MEDIO AMBENTE, POLO ACÚMULO DE REFUGALLOS DE CORTAS FORESTAIS

No noso término municipal, e mesmo a partires da Alameda ata A Pasaxe de Camposancos, podemos ollar unha serie de “bombas de reloxería” que en calquer momento poden poñer unha boa parte do noso pobo nun alto risco de ser pasto das lapas.
Para mostra un “botón” para que logo digan que se teñen tomado as medidas oportunas para evitar calquer desastre nesta época de alto índice de perigosidade.
As beiras do Grupo Escolar e do Instituto “ A Sangriña”, a menos de 50 metros, en todo espacio frontal, atopamos unha boa cantidade de ramaxe seca, que ninguén obligou a quen fixo a corta a deixar o espacio limpo, e disto xa fai meses. Nin o Concello, nin o Servicio de Prevención e Vixiancia da Xunta de Galicia, teñen tomado ningún tipo de medida, e que non digan que non se enteiraron, xa que os funcionarios e responsables políticos, circulan a diario nesta estrada, úns para ir a súa vivenda e outros para xogar o tenis. Non hai problema, aquí nese como noutros asuntos de gravedade, impera a lei do máis forte, ou o que é o mesmo, o que ten recomendación e protección das autoridades.
Si o exposto é grave, que podemos decir, dos grandes montons de ramaxe que “decoran” ao fronte do Cuartel da Garda Civil. Debe ser que nin eles, nin os seus compañeiros do Seprona, pasan a vista por ese espacio. Parez un chiste, namentras non haxa que lamentar unha desgracia. Pero neste treito, ademais das instalacións xa nomeadas, atopamos o Campo de Futbol Municipal, a Piscina e é camiño obligatorio para as persoas que van ao Tanatorio ou o Cimiterio.
Calquer persoa que circule por este lugar, pode ollar as acumulacións existentes, nalgún caso,  co incremento das leiras cheas de herbas e xiastras, e que as causas que originan os fogos forestais son de diversa índole, sendo un dos fundamentais o abandono de terras cultivadas que quedan a monte e a desaparición dos aproveitamentos forestais para uso doméstico.
Con esta situación, non queremos provocar alarmismo, pero, na nosa opinión, calquer chispa pode dar lugar a un momento de alto perigo para bens, enseres e esperemos que nunca para persoas  que circulan por eses paraxes, sen entrar a falar das perdas de riqueza arbórea.  Cada pouco, vemos como de están situación de alto risco pola ausencia de choivas e por despiste, descoñecemento ou intencionado están escomenzando a aparecer incendios no nos país, cremos que non só debemos dotarnos dunha Lei actualizada como a 3/2007, de 9 de abril , o diseño de novos plans de prevención e loita, si deixamos que algunhas situacións se sigan dando como fai 20 ou 30 anos, e o que é mais graves, en puntos polos que a diario pasan funcionarios e responsables políticos de distinto nivel e que non lles alerta a situación porque a mesma forma parte do paisaxe tradicional.
Como proba, acompañamos fotografías, pero podería facerse un bó album nun pequeño tramo desta estrada, e por elo, vimos a solicitar das autoridades que corresponda, se impartan as órdenes oportunas denantes que escomencemos a lamentarnos.
A Guarda, a 3 de abril do 2.012


 Celso R. Fariñas

Rexistro de Entrada nº 1935
Data: 03-Abril-2.012

Ningún comentario:

Publicar un comentario