A xestión dos espazos culturais de Ferrol, tamén para a empresa na que traballa a irmá de Feijóo
Eulen S.A., unha empresa especializada en prestar servizos externos, en cuestións como a contratación do persoal de limpeza, seguridade, traballo temporal, telemárketing ou mantemento, é dende o pasado 18 de abril a responsable de xestionar os espazos culturais dependentes do concello de Ferrol. Ademais, a partir deste venres, esta multinacional, en cuxa sede galega traballa Micaela Núñez Feijóo, irmá do presidente da Xunta, será tamén a encargada de dirixir o Teatro Colón da Coruña, logo de que o pleno da Deputación faga oficial a decisión tomada pola súa mesa de contratación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario