16 de mar. de 2012

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA DENUNCIA O ESTADO DE ABANDONO DAS REXILLAS DO ALCANTARILLADO

Quen abaixo suscribe, BEATRIZ ESTEVEZ ALVAREZ, portavoz deste Grupo Municipal, e con domicilio a efectos de comunicación na rúa Ramón Sobrino, 8-baixo.

E X P O N:

Nestes últimas datas en que ameazou escomenzar unha pequena etapa de choivas, conlevou a que algúns veciños manifestaran o temor a que tiveran que voltar a épocas moi pasadas en que a auga invadira a entrada das súas vivendas e bodegas por non atopar por donde sumirse, facendo bastante dano as famosas “levadas”

Naqueles casos en que falaron con algún responsable político ou empregado municipal, escoltaron moi bóas palabras pero ningunha solución, e iso que nalgunhas das rexillas do alcantarillado, o estado de abandono e tan grande, que en pouco tempo, pode ter novas actividades, ou “xardín botánico” ou “invernadoiro” para producir prantas exóticas.

Seguindo namesma dinámica en que unha imaxe vale máis que mil palabras e os feitos demostran o que se dí, ahí vai un exemplo, dos moitos que se poden atopar en distintas rúas e zonas do noso pobo.

A Guarda, a 03 de marzo do 2.012

Beatriz Estevez Alvarez

Ningún comentario:

Publicar un comentario