
Dona BEATRIZ ESTEVEVEZ ALVAREZ, Portavoz do grupo Municipal de CONVERXENCIA GALEGA, en base o disposto nos artigos 91.4 e 97 o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e demais normativa, presenta ante o pleno da Corporación a seguinte:
Moción sobre os servizos da Confederación Hidrografica del Miño-Sil no Concello de Porriño.
EXPOSICION DE MOTIVOS
A Confederación Hidrográfica del Miño-Sil ten no Concello do Porriño unhas instalacións de atención a o publico que a única utilidade que teñen e de información.
CONVERXENCIA GALEGA, despois de escoitar diferentes queixas dos nosos veciños, conforme que para calquera xestión que se faga teñen que presentar a documentación no Concello de Ourense, e dicir a mais de
Para CONVERXENCIA GALEGA e incomprensible que tendo unhas oficinas no Concello de o Porriño, que son as únicas da provincia de Pontevedra, e tendo ésta os medios humanos e materiais, non teñan rexistro para calquera solicitude ou denuncia, e dicir non suporía ningún tipo de gasto engadido nestes tempos de crises que estamos vivindo. So é cuestión de organización e vontade política de xestión.
CONVERXENCIA GALEGA sempre defendeu que as administracións teñen que estar o carón dos cidadáns e este e un exemplo de que non e así, debemos facilitar a o cidadán una xestión cómoda rápida e eficaz.
ACORDOS
1º.-O Pleno da Corporación aproba dirixirse ao Goberno de España e ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e de Medio Ambiente, a cal pertence a Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, para que poña en funcionamento un rexistro para a recollida de documentación nas oficinas que a confederación ten no Concello do Porriño.
14 de Marzo de 2012
Beatriz Estevez Alvarez
Rexistro de Entrada nº 1442 do 15 de marzo do 2.012
Sr. Alcalde-Presidente do CONCELLO DE A GUARDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario