10 de mar. de 2012

BAIXO MIÑO

O BNG ESIXE A DEVOLUCIÓN DO DIÑEIRO AOS AFECTADOS POLAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES

Infogauda / Baixo Miño



O BNG está presentando mocións en todos os Concellos do Baixo-Miño para demandar da Xunta de Galiza, do goberno do Estado, do Banco de España e da Comisión Nacional do Mercado de Valores que exerzan as potestades que ostentan sobre as entidades financieras e se lles devolvan aos afectados os investimentos realizados.

Os nacionalistas tamén esixen a depuración de responsabilidades dos executivos que impulsaron e cometeron o fraude masivo aos pequenos aforradores.

Segundo o responsábel comarcal do BNG, Xosé Manuel Méndez “son moitas as persoas en todo Baixo-Miño e no resto de Galiza, que aconsellados polas entidades financeiras das que eran clientes, investiron os seus aforros en instrumentos financieros que se transformaron nun auténtico timo, xa que agora non poden recuperar os cartos investidos en contra do que se lles dixo no seu momento".

O portavoz dos nacionalistas tamén manifestou que “O Estado ten entre outras moitas funcións evitar as estafas e esta é unha estafa en toda regla a milleiros de persoas, por eso reclamamos do goberno central que faga as modificacións legais oportunas que obriguen aos bancos a devolver os cartos á xente”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario