Os rapaces aprenderon a través do xogo e da aventura a importancia de respetar e conservar o medio natural
MÁIS DE 900 NENOS PARTICIPARON NUN PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL PROMOVIDO POLA DEPUTACIÓN E A GRAXA-ESCOLA EL KIRICO CON MOTIVO DO «ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES»
Un total de 903 alumnos de 5º e 6º de educación primaria da provincia de Pontevedra participaron nunha iniciativa de educación ambiental impulsada pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa granxa-escola El Kirico. Esta acción desenvolveuse perante o ano 2011 con motivo da celebración do «Ano Internacional dos bosques».
A entidade provincial puxo en marcha este proxecto de educación ambiental, como xa o ten feito con anterioridade, co obxecto difundir entre os rapaces o consumo responsable, o coidado do medio ambiente e os valores de convivencia e de respecto ós demais.
O plan desenvolveuse na Granxa-Escola El Kirico de Fornelos de Montes, un centro que ten por obxecto achegar ós nenos ó mundo rural a través da realización de actividades propias do campo e da convivencia con animais, contribuíndo deste xeito a preservar a cultura a través do xogo, da vacación e da aventura.
Compre salientar que neste centro atópase un entorno axeitado para realizar actividades de educación ambiental e coñecer, deste xeito, os elementos máis importantes do noso ecosistema.
Concretamente, participaron no programa 903 rapaces: 244 rapaces da comarca de Vigo; 70 do Morrazo; 119 do Salnés; 167 de Louriña; 123 de Pontevedra; 62 do Baixo Miño; 21 do Val Miñor; 57 do Condado; e 40 de Caldas

Ningún comentario:
Publicar un comentario