6 de feb. de 2012

GALICIA


ZOO – 1ª xira Galega deste espectáculo, galardoado cos Premios MAX 2010

A Coruña (18 de febreiro), Pontevedra (26 e 27 de febreiro), A Estrada (2 de marzo), Vigo (3 de marzo) e Santiago de Compostela (4 de marzo) serán as cidades que acollerán esta nova entreda dunha das compañías máis internacionais do estado

No máis profundo da xungla, uns intrépidos e chiflados exploradores afrontan a máis insensata das aventuras. A súa misión é capturar un exótico animal en vías de extinción para o ZOO dunha gran cidade. Os continuos despropósitos dos protagonistas desencadearán unha esperpéntica epopea visual na que a medio, aparentemente paradisiaco, convértese nunha trampa infestada de estraños animais e perigos ocultos. Aves, mamíferos, réptiles e insectos farán a vida imposible aos heroes da expedición.

Yllana volve pór en pé un espectáculo para todos os públicos, aplicando nesta ocasión a súa persoal visión cómica do mundo ao eterno conflito entre o home e a natureza.

No seu afán por seguir investigando no teatro do xesto, a compañía aprofunda con Zoo no tema da animalización e a recreación da natureza salvaxe, ideas que xa estiveron presentes noutros espectáculos de Yllana, aínda que sempre como elementos illados.

O espectáculo Zoo foi premio MAX no pasado 2010, e dende entón leva xirando por todo o estado con enorme éxito.

Yllana, a compañía de humor máis internacional, volve a Galicia

Yllana é creatividade.

A Compañía, Creada en 1991 como compañía de teatro de humor xestual en Madrid, continúa abraiando co seu humor sen fronteiras, co seu estilo propio e único que levan cultivando e espallando polo mundo cun éxito sen precedentes.

A súa aposta céntrase no humor sen palabras. Un humor universal que soubo chegar a multitude de escenarios por todo o mundo. Logo de 20 anos en escena, Yllana é unha das grandes compañías de humor, caracterizada pola implicación e complicidade que confire a todos os seus proxectos e con infinidade de premios, recoñecementos e espectáculos que xa están na historia do teatro de comedia.

Culturactiva SCG é a distrubuidora para Galicia dos espectáculos de Yllana e promotora desta xira, unha unión natural entre 2 entidades adicadas de pleno ao humor, o clown e a risa.

XIRA GALEGA - DATAS E VENDA DE ENTRADAS:

-A Coruña – Teatro Rosalía – 18 de Febreiro: ENTRADAS

-Pontevedra – Pazo da Cultura – 26 e 27 de Febreiro: ENTRADAS

-A Estrada – Teatro Principal – 2 de Marzo: Entradas na billeteira do Teatro Principal

-Vigo - Centro Cultural Novacaixagalicia Teatro – 3 de Marzo: ENTRADAS

-Santiago de Compostela – Teatro Principal – 4 de Marzo: ENTRADAS

-Máis info +

Contacto para prensa / Xestión entrevistas:

Manuel Vicente

981 582 836

Culturactiva SCG

comunicacion@culturactiva.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario