12 de xan. de 2012

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA NO CONCELLO DE A GUARDA RELÉMBRALLE O GRUPO DE GOBERNO QUE AS RÚAS ESTÁN SUXAS E VÉÑENSE INCUMPLINDO AS ORDENANZAS AUTONÓMICA E MUNICIPAL EN MATERIA DE ANIMAIS DE COMPAÑA


Quen abaixo suscribe, BEATRIZ ESTEVEZ ALVAREZ, portavoz deste Grupo Municipal, e con domicilio a efectos de comunicación na rúa Ramón Sobrino, 8-baixo,

E X P O N:

O camiñar polas rúas do noso pobo cada vez se parece máis a unha carreira de obstáculos, xa que nalgún sitios hai que andar a saltos dada a cantidade de excrementos de cans esparcidos nas rúas.

Fai algún tempo dende o Concello se emitiu una nota nos medios de comunicación e se repartiron octavillas pedindo colaboración e dando un prazo de tempo, transcurrido o cal, se non había melloría se procedería a tomar algunas medidas disuasorias. A día de hoxe, nin una cousa nin outra, a situación, posiblemente empeorou, o que fai que as nosas rúas e xardíns, especialmente pola mañán (e nunca mellor dito) sexan unha “porcallada” (unha completa cagada).

Dende CONVERXENCIA GALEGA consideramos que non é posible nin se debe tolerar que un grupo reducido (posiblemente non cheguen o 10/15%) dos propietarios de cans teñan o pobo nas condicións en que se atopa, e correndo o risco de calquer tipo de problema sanitario.

Ademais, tamén debe ser tomado en conta que a deixadez neste problema por parte de quen debe cumplir a súa función de control e cumplimento das nomativas e ordenanzas tanto municipais e autonómicas sobre a presencia de animaisnas rúas sen correa e/ou sin bozal (especialmente aqueles declarados como perigosos) en lugares frecuentados por nenos e persoas maiores, a está expoñendo a un perigo innecesario.

A Guarda, a 11 de xaneiro do 2.012

Beatriz Estévez Álvarez

Sr. Alcalde-Presidente do CONCELLO DE A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario