15 de dec. de 2011

O GROVE

GOGUE PRESENTA SEU LIBRO
HISTORIAS FLOREÁNICAS II

Infogauda / O Grove


Grazas a Floreano, personaxe que se fixo popular a través das viñetas publicadas no xornal Faro de Vigo, o dibuxante Gogue gañouse merecida fama de caricaturista ao retratar nos seus debuxos ás máis variopintas personalidades do mundo internacional.

Membro do NCN (National Caricaturist Network) de Minneapolis, e membro tamén do SCCS (Southern California Cartoonists Society) de San Diego; Gogue ten pubricado súas creacións en Estados Unidos - Strategyweek (S. Francisco-USA); American Politics Journal (New York-USA); Humorinthenews (Los Ángeles-USA); The Earth Thimes (New York-USA); The Bush Blade (Alaska-USA); Trevim (Lousa-Portugal); Clever Magazine (California-USA) -, en Galicia, no Faro de Vigo.

Gogue é noticia porque este venres, 16 de decembro, ás 20,30 h, na Sala TNT -rúa O Marino -, de O Grove, presenta seu libro Historias Floreánicas II.

O evento será conducido polo mestre Miguel Besada, e nel participarán:

- Miguel Muñiz, editor

- Xosé Avelino Ochoa, lector emperdenido de Gogue

- Gogue, autor

- Miguel Ángel Pérez, alcalde de O Grove

- Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra

e contará coa animación musical do grupo Os Canheros e do Trío de armónicas Sons do Mar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario