8 de dec. de 2011

O ROSAL



A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL CELEBRARÁ O CONCERTO DE SANTA ICÍA


- Será o vindeiro sábado día10 de decembro, ás 20:00 h. no Auditorio do Rosal




Monserrat Domínguez Otero / O Rosal




Con motivo da celebración de Sta. Icía (Patroa dos músicos) a Agrupación Musical do Rosal ofrecerá un concerto que terá lugar o sábado 10 de decembro, ás 20:00 h. no Auditorio Municipal do Rosal.


Nesta ocasión ademáis da incorporación dos cinco novos músicos realizaremos a fase final do Concurso de Composición de Pasodobres que se convocou con motivo do noso 25º aniversario. Así deste xeito a nosa agrupación pechará un intenso ano cheo de actividades, moito traballo e esforzo dos nosos músicos e tamén de éxitos como o 1º premio acadado no V Certame Galego de Bandas de Música o pasado 27 de novembro no Auditorio de Galicia.
No concerto interpretaranse os cinco pasodobres finalistas seleccionados polo xurado formado por Javier Viceiro Filgueira, Juan Lois Diéguez e Xosé Manuel Collazo de entre un total de 21 recibidos. Durante o concerto o público asistente tamén poderá votar o pasodobre que máis lle guste. Como remate do acto daranse a coñecer os tres premios:


- Premio patrocinado por "Bodegas Terras Gauda" por valor de 2000 € outorgado polo xurado.


- Premio patrocinado pola "Fundación O Rosal" por 600 € outorgado polo público asistente.


- Premio patrocinado pola "Fundación O Rosal" por 600 € outorgado polos músicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario