24 de nov. de 2011

OIA

ESTE VENRES, 25 DE NOVEMBRO, ÁS 11:00 H. PLENO ORDINARIO NO CONCELLO DE OIA




DECRETO Nº 372/2011

Tendo en conta o acordo plenario adoptado en sesión extraordinaria de xullo de 2.011, no que se establece a periodicidade trimestral das sesións ordinarias do Pleno da Corporación que terán lugar o último venres de agosto, novembro, febreiro e maio, ás 11.00 horas.

Asistido pola Secretaria e de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, en relación cos artigos 78.2, 80 e 82 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado mediante RD 2568/86 do 28 de novembro, e en virtude do establecido no artigo 47.2 do mesmo corpo legal, esta Alcaldía-Presidencia RESOLVE:

PRIMEIRO: Convocar a Sesión Ordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o día Venres, 25 de novembro de 2.011, ás 11:00 horas no salón de sesións do Concello, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quorum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte
ORDE DO DIA

PRIMEIRO: Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior, acta nº 11/2011 da sesión extraordinaria de 25.10.2011.
SEGUNDO: Informe de morosidade a 31.10.2011, para tramitación ante os órganos externos de control.
TERCEIRO: Baixa por anulación 1/2011 (capíitulo de gastos de personal trala reducción salarial derivada de RDLei 8/2010.)
CUARTO: Mocións, propostas, escritos dos grupos políticos.
QUINTO: Mocións de urxencia.
SEXTO: Control ós órganos de goberno:

Rogos e preguntas.
Dación de conta de resolucións de alcaldía desde o último pleno ordinario.



SEGUNDO: Notificar a presente Resolución aos Sres. Concelleiros electos, advertíndo-lles que, conforme ao disposto, polo artigo 12.1 do citado RD 2568/86 do 28 de novembro, deberán comunicar ca antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir a citada sesión.

TERCEIRO: Ordenar se de publicidade a través de edicto no Taboleiro de Anuncios do concello á presente convocatoria.


Mándao e asínao en Oia a 22 de Novembro de 2011, o Alcalde Presidente, ante mín a Secretaria Xeral. Dou fe.

O Alcalde
Asdo. Alejandro Rodríguez Rodríguez


A Secretaria

Asdo. Maria Cabodevila Ros

Ningún comentario:

Publicar un comentario