O SÁBADO DÍA 26 DE NOVEMBRO, CONCERTO DE PRESENTACIÓN DAS OBRAS QUE INTERPRETARÁ A BANDA DE MÚSICA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL NO V CERTAME GALEGO DE BANDAS
Con motivo da participación da Agrupación Musical do Rosal na sección primeira do V Certame Galego de Bandas realizaremos un concerto de presentación das obras que interpretaremos. O concerto terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal este sábado día 26 ás 17,00 h. e o programa será o seguinte:
- Adiós Tomiño!, de Ademar Álvarez
- A lenda da Santa Compaña, de David Cuevas
- Apocalypse, de Derek Bourgeois
O día seguinte, domingo 27, a partir das 16,30 h. no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela terá lugar o Certame Galego de Bandas, participando na primeira sección as seguintes bandas, por este orde:
- Banda Recreativa e Cultural de Bandeira
- Agrupación Musical do Rosal
- Agrupación Musical de Vincios
- Banda de Música de Valga
- Banda de Música Municipal de Caldas de Reis
Se algunha persoa está interesada en acompañar a banda en autobús poden anotarse na oficina da agrupación ou no teléfono 986 626 311
Se algunha persoa está interesada en acompañar a banda en autobús poden anotarse na oficina da agrupación ou no teléfono 986 626 311
O prezo do viaxe son 10,00 eur.
Ningún comentario:
Publicar un comentario