O BNG do Rosal propón a creación dunha subestación de bombeiros na zona sur do Baixo Miño
- Alegan que se puxo de manifesto que a intervención dos bombeiros de Porriño chega tarde a O Rosal
- Sería dependente do Consorcio de Bombeiros Baixo Miño, Condado e Louriña situado en Porriño

Infogauda / O Rosal
O BNG no Rosal, ven de presentar unha proposta para que se cree unha subestación de bombeiros na zona sul da Comarca do Baixo Miño, que garanta un servizo de calidade, áxil e eficaz ao concello.
Segundo explican os nacionalistas, en agosto do ano 2007 entrou en funcionamento o chamado “Consorcio de Bombeiros Baixo Miño, Condado e Louriña”, con sede no Polígono Industrial das Gándaras do Porriño, e que da servizo aos concellos destas comarcas que se adheriron. O concello do Rosal, entre eles.
“No proceso para a constitución do Consorcio mencionado, o BNG presentou alegacións, reclamando a creación dunha subestación, na zona sul da Comarca do Baixo Miño, que garantira un servizo de calidade, áxil e eficaz, tendo en conta os tempos máximos que deben transcorrer entre un sinistro e a chegada dos efectivos”, engaden.
O voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira, indica que “nos últimos meses, por desgraza, foi precisa a intervención deste servizo en diversos sucesos que tiveron lugar no Rosal”. E engadiu que “o propio alcalde do Rosal solicitou da Dirección Xeral de Protección Civil, a modificación do protocolo de actuación do Servizo de Emerxencias 112” , para que se chamara en primeiro lugar o GRUMIR da Guarda, despois a Protección Civil de Tomiño e por último aos bombeiros de Porriño” alegando o alcalde que a intervención dos bombeiros do Porriño “chega un pouco tarde”.
Os nacionalistas indican na proposta presentada no concello, que coinciden “en parte” coa apreciación do alcalde, pois para eles “simplemente chegan tarde”. Din que co cambio no protocolo proposto polo alcalde, pódese mellorar o servizo, pero só afectaría aos sucesos menos graves, pois “nin o GRUMIR nin Protección Civil de Tomiño teñen os medios adecuados para actuar en situacións máis graves” afirman.
“Este tipo de servizo debe poder encarar calquera situación, por grave que esta sexa. Trátase polo tanto, de prever para non ter que lamentarse”, enfatizan.
Alonso Pereira indica que a solución definitiva pasa pola creación dunha subestación de bombeiros na zona sul do Baixo Miño, o que garantirá un servizo de calidade, áxil e eficaz aos concellos do sur da comarca, entre eles ao do Rosal, conclúe.

Ningún comentario:
Publicar un comentario