O PP derrogará a Lei da Memoria Histórica
A pesar de que publicamente o PP defende que as súas primeiras medidas no goberno atinxirán o eido da economía e o traballo, o certo é que prepara derrogacións inmediatas das chamadas 'leis do resentimento' pola cúpula ideolóxica da dereita, caso das normativas sobre o aborto, os matrimonios homosexuais, a materia de Educación para a Cidadanía... Entre as derrogacións previstas está rematar coa Lei da Memoria Histórica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario