CONVERXENCIA GALEGA INSTA Á MOBILIZACIÓN EN DEFENSA DO FERRI
Beatriz Estévez Álvarez
Portavoz Municipal Converxencia Galega
A GUARDA
Portavoz Municipal Converxencia Galega
A GUARDA
Ante o próximo peche do servizo de FERRI entre as vilas de A Guarda e Caminha, dende CONVERXENCIA GALEGA no Concello de A Guarda, creemos que é necesario facer unha convocatoria para conxuntar a tódolos grupos políticos dos concellos miñotos dunha e outra veira do río para facer potente e públicamente a nosa oposición a esta medida. Así mesmo convidamos a outras entidades sociais da nosa comarca a sumarse a esta proposta: asociacións comerciantes, sindicatos, entidades culturais, etc.
O servizo de ferri entre os pobos de Caminha e A Guarda é o único medio de comunicación que temos, prestando un importante servicio para tódolos veciños da comarca e outras localidades próximas. Non podemos deixar que se peche este servizo pola nosa pasividade, e sobre todo polo abandono a que certas administracións (lusas e españolas) nos teñen dende sempre.
Debemos lembrar que dende fai máis de 800 anos, somos o tramo de fronteira máis antigo e estable que existe na Europa; pero esta situación sempre foi un gran atranco para os pobos miñotos das dúas beiras do rio.
Entre as dúas bandas, temos un tren obsoleto, un pequeno ferri,… Tanto Portugal como España teñen unha gran débeda histórica ca nosa comarca, vai sendo hora que poñan os medios económicos, administrativos, legais, fiscais, … para troca-la situación de desventaxa; pois no caso contrario, seguimos a vivir nunha situación discriminatoria, que no actual marco europeo é ilegal.
O tema do dragado do río, custo económico,…non é máis que un pano mentiroso co que tapa-la situación discriminatoria que levamos máis de 800 anos sofrindo. Dende 1.986 a situación xurídica entre España e Portugal trocou coa súa entrada na U.E., pero dentro das Administracións lusas e españolas ainda quedan moitos gobernantes que seguen con esa inercia de discriminar tódalas comarcas das raias luso-hispanas.
Polo tanto a excusa do custe da extracción da area é unha gran mentira técnica; aquí a cuestión e poñer máis atrancos o desenrrolo comercial, industrial…o progreso da comarca miñota.

Ningún comentario:
Publicar un comentario