22 de xul. de 2011

PONTEVEDRA

LOUZÁN PRESENTA AS LIÑAS XERAIS DA NOVA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA QUE TERÁ DEPUTADOS TERRITORIAIS E SUPRIMIRÁ 0 63% DOS ORGANISMOS AUTÓNOMOS



Anuncia unha reducción do 50% nos costes do goberno, asesores e outro personal









O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, deu a conocer hoxe as liñas xerais do que denominou ou o para as deputacións e que implican un rotundo cambio de rumbo da organización interna, dos organismos autónomos e da adicación dos deputados.
Según explicou Louzán en rolda de prensa, ese novo modelo baséase en tres principios:
· En adaptarse ás necesidades dos 62 concellos da provincia para colaborar no desenvolvemento local máis estruturado, máis sólido e máis duradeiro
· No valor da proximidade, de estar pegados ó terreo, e ós problemas reais das personas e da sociedade. Esto incrementará a presenza da Deputación en cada lugar e rincón da provincia.
· Na austeridade, nas economías de escala e na promoción de servizos mancomunados por áreas e comarcas
Nova organización política, interna e institucional
O novo modelo implica deixar atrais vellos conceptos e xeitos organizativos _desaparecen, por exemplo, as áreas ou os deputados de áreas ou servizos_ e supón construir unha nova deputación con tres eixes:
1. No ámbeto político: a creación de deputados de territorio
· Cada deputado atenderá a unha zona e, cando se trate dun deputado-alcalde, atenderá só ás cuestións da Deputación relativas ó seu concello.
· O obxectivo é intensificar a carga de traballo de cada deputado de territorio, especializalos e que todos teñan funcións, ámbetos e adicacións concretas para todo o relativo á Deputación na súa zona.
2. No ámbeto interno: serán reordenados os servizos e crearánse tres coordinadores para tres zonas do territorio provincial (norte, centro e sur)
3. No ámbeto institucional: reduciránse os organismos autónomos e órganos colexiados de 8 a 3 (un 63% menos).
· Suprímense os organismos autónomos da Caixa de Anticipos, da Escola de Canteira, do IPESPO, do CPAM e da Escola de Enfermería coa conseguiente redistribución de personal e aforro de costes para unha maior capacidade resolutiva. Estes antigos organismos autónomos serán xestionados por unidades técnicas.
· Como organismos autónomos quedarán tres: Turismo Rías Baixas (polo seu carácter estratéxico para reactivar a economía), ORAL (pola súa capacidade de xestión, recadación e colaboración na economía dos concellos) e o Museo de Pontevedra, que probablemente contará con outra denominación, polo seu carácter de referencia en Galicia e para liderar toda a oferta cultural
Reducción de costes e xustificación
Na presentación das liñas xerais da Nova Deputación, Louzán anunciou que a reducción dos costes que supón o equipo directivo, personal de confianza, asesores, etc. será en torno ó 50%.
E xustificou a necesidade dos cambios organizativos e estruturais da Nova Deputación de Pontevedra no tempo de crisis en que se vive, no que un modelo social e económico agoniza, e outro nace, diferente e distinto. suliñou.
Según dixo, as reformas e cambios nas institucións son inaplazables para sair da crisis, para axeitarse ós novos tempos e para recuperar a confianza da sociedade e das institucións. , afirmou.
Destacou tamén a necesidade de modificar o actual ordeamento territorial da provincia para adaptarse á nova realidade que provocan feitos como as novas áreas sociais ou de mercado que xeneran as novas infraestruturas, etc.
A asignación territorial de deputados queda como se indica no mapa adxunto a este correo electrónico. O deputado de cada zona atenderá e xestionará todos os asuntos da Deputación na correspondente área.

Ningún comentario:

Publicar un comentario