19 de xul. de 2011

A GUARDA

APACAR NA GUARDA: MISIÓN IMPOSIBLE ATA AGORA





Noticia de última hora, o noso concelleiro de tráfico está barallando a posibilidade de innovar no noso pobo cun revolucionario sistema de aparcadoiro, aquí déixolles a foto.


O caos para atopar aparcadoiros na Guarda é total, días pasados no porto, ata era imposible transitar co coche, había autos aparcados na curva da rotonda en ambos lados da rúa, co cal só cabía a un auto por vez para pasar. Eu pregúntome a quen corresponde esa zona? Algúns din que a Portos, outros en cambio sosteñen que o Concello (Tráfico) ten a responsabilidade. A nós, os cidadáns de a pé, o único que nos queda claro é que o que cobra por supervisar o tema, non está cumprindo coa súa función, sexa quen for.
Ademais o concelleiro de tráfico, se esa función específica non lle incumbe, tampouco está facendo a supervisión do tema e pondo as súas queixas diante de quen corresponda.


Durante todo o ano no resto do pobo aparecen nos nosos coches miles de papeletas de agasallo por aparcar aínda que sexa uns segundos onde non corresponde.
Unha cousa é ser un pouco tolerante diante da falta de aparcadoiros que sufrimos neste pobo e que ninguén aínda solucionou, e outra cousa moi distinta é que cada un aparque como, onde, e o tempo que lle veña en gana, e que ninguén dos responsables do tema, nin faga nin diga nada.


Con todo, a zona do porto parece ser terra de ninguén.


ZZZ...MOSQUITO CAPÓN

1 comentario:

  1. Cada día que pasa en vez de mellorar vaise a peor.Por desgracia e así, cada día hai menos zoas de aparcamentos,en outras rúas os efectivos da policía local sólo están pra recaudar, en certas rúas e intercesións prodúcense caos circulatarios por falta de efectivos , e hai tamén certas rúas que incumplensen as normas de circulación en favor de certos establecimentos descaradamente sin que naide tome medidas.
    Pra mín o Concellal de Tráfego debía dimitir porque os feitos están demostrando que no está capacitado pra ese posto.
    O di Toñito Uris, o de Quisqueya.

    ResponderEliminar