13 de xul. de 2011

A GUARDA

A PELEXA POLOS SALARIOS: PARTE 2



Nesta segunda entrega toca falar do Cid das Abstencións nesta lexislatura: o BNG da Guarda.
En cada unha das mocións levadas ao último pleno polo PSOE, o devandito edil procedeu conxuntamente coa súa segunda de a bordo, a absterse nas votacións, obsequiando dese modo os seus respectivos votos ao equipo gobernante en minoría.
Saben seica os votantes que significa a abstención? Equivale a dicir "non sei nada do tema que se trata e non son capaz de opinar", ou , "non opino porque non quero mollarme e déixoo en mans dos outros para quedar ben".
Votáronos para iso?

Era esa mesma a posición do BNG na anterior lexislatura cando dicía que un pleno cada dous meses non era viable para a xestión eficaz do goberno local?

Que o fixo cambiar de opinión para que agora non defenda a mesma postura anterior nese mesmo tema?
Que é o que se ven cocendo nalgún bar do Tecla e no pote da alcaldía á medianoite?
Todo ao redor desta dupla de edís nacionalistas é unha incógnita.
Por Goián falábase o sábado da notoria ausencia do portavoz guardés.
Moitos criticaban a súa posición mercadilleira á hora de falar de salarios, algo así como "cedes ti, cedo eu, que nos levamos os dous?"
Outros comentaban entre vaso e gaita que o edil necesitaba meditar sobre as cousas que están acontecendo ao seu redor e que por iso se foi a Asturias.
Algúns outros, noutro bar de Galicia, dicían que ultimamente crese o sucesor de Antonio Bandeiras actuando nos pleno para o público e a foto, pero que logo nos diálogos en privado, cambia rotundamente e sente algo así como Harry Potter o dono da variña máxica, esquecendo que son soamente os representantes da terceira minoría con diferenza e non da segunda.
Dimes e diretes aparte, o realmente importante nesta saga, é que parece que PSOE e BNG centran a súa atención en discusións de miles de euros máis ou menos (sempre do noso peto está claro), facéndonos crer ademais que diso depende a gobernabilidade do equipo en funcións.
É que entón debemos entender que exercerán as súas respectivas actividades en relación directa cos ceros das nóminas?
Iso sí que é mezquindade!
Por non cualificalo de falta de: altruísmo político, conciencia social, solidariedade concidadá e honorabilidade e ética pública.

Sóalles de algo señores concelleiros?


PD: Cantos ceros teñen as vosas nóminas amigos mosquitos?

Ou é que estades como tantos no paro?


ZZZ...MOSQUITO CAPÓN


NOVA RELACIONADA:

Ningún comentario:

Publicar un comentario