O BNG considera inadmisíbeis as declaracións do Alcalde da Guarda
O BNG fixo unha nova proposta de 102.000 € co fin de acadar un acordo para poñer a andar a lexislatura que foi rexeitada polo PSOE

Bloque Nacionalista Galego / A Guarda
Ante as declaracións do Alcalde da Guarda e Secretario do PSOE, J.M. Domínguez Freitas, o BNG quere puntualizar unha serie de cuestións.
Logo das declaracións vertidas polo Secretario xeral do PSOE, J.M. Domínguez Freitas, utilizar o termo “mesquindade” para dirixirse ao BNG é cando menos cuestionábel. Tendo en conta que “mesquindade” significa falta de xenerosidade, o BNG sempre tivo unha actitude máis que responsábel co PSOE intentando chegar a un acordo que fixese viábel dedicarse á acción de goberno cuns salarios acordes á situación.
Nas reunións mantidas entre o BNG e o PSOE, a pretensión do grupo socialista foi sempre a de manter as dedicacións que tiñan na anterior lexislatura, 120.000 €. Ante isto, o BNG propuxo a cantidade de 96.000 €. O PSOE “xamais” puxo na mesa outra cifra distinta, soamente argumentos amosando a imposibilidade de gobernar sen a cantidade de 120.000 €.
O martes día 5 o portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, recolle a documentación do pleno no que, sorprendentemente, aparece unha nova proposta de 114.000 €. O mércores día 6, o portavoz do BNG recibe unha chamada do Sr. Alcalde solicitando unha reunión para intentar chegar a un acordo, amosando unha total falta de respecto á formación nacionalista, dado que a nova proposta do PSOE xa ía na orde do día do pleno. Nun acto máis de responsabilidade, o BNG accede a ter esa reunión ao día seguinte. Nesa reunión, o BNG expón unha nova proposta de 102.000 € co fin de acadar un acordo para poñer a andar a lexislatura, proposta que foi rexeitada polo PSOE.
Así, celébrase o pleno extraordinario de organización o venres día 8 de xullo. Diante da proposta do PSOE, o BNG fai pública a súa proposta de recortar a partida de adicacións parciais e totais nun 15%. Proposta que foi rexeitada, unha vez máis, polo Alcalde e o seu grupo. Co cal a mesquindade haberá que achacala a outros e non ao BNG.
En canto as cifras que manexa o Alcalde da Guarda, tanto en número de dedicacións como dos cartos para as mesmas, temos que sinalar que o BNG nunca entrará a discutir a distribución do goberno municipal, dado que é potestade de quen goberna. Se falamos das dedicacións, o Sr. Alcalde terá que deixar claro se ten dedicacións parciais ou non. Se as comparamos con concellos limítrofes, son bastante máis altas e con menos horas. Nos concellos gobernados polo BNG tamén se traballan máis horas das que aparecen nos contratos.
Sobre a actitude do BNG en diferentes concellos, mellor non entrar a valorar, imaxinamos que o PSOE está ao tanto do que está a suceder cos seus compañeiros de Tomiño. Dende o BNG aconsellamos que o Sr. Alcalde se centre no Concello da Guarda que bastante ten con iso.
O BNG insta ao Alcalde, J.M. Domínguez Freitas, que deixe de utilizar a demagoxia para desacreditar ao BNG, en tanto non consegue os seus propósitos políticos, cando insinúa que existe un acordo da oposición para marcar os soldos. En definitiva, que reflexione se a causa da actual situación non é máis ben a súa incapacidade para chegar a acordos con outras forzas políticas ou a algún problema de carácter interno. En todo caso, o BNG sempre poñerá os intereses da Guarda por diante dos intereses particulares.
O BNG esixe ao Alcalde da Guarda unha rectificación pública diante do comunicado emitido por el mesmo o pasado 8 de xullo cheo de descualificacións e insinuacións impropias contra o BNG, lembrándolle que ou ten un cambio de actitude co BNG, actúa con máis respecto, ou vai ter moi difícil chegar a acordos con esta formación política.
Polo tanto, dende o BNG instamos unha vez máis ao Alcalde, J.M. Domínguez Freitas, a abandonar a actitude vitimista, a asumir a actual situación política e dedicarse a gobernar que é o compromiso que asumiu co pobo da Guarda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario