13 de xuño de 2011

A GUARDA

O SILENCIO DOS CORDEIROS



O sábado 11 de xuño, asumiron os novos edís guardeses. Todos vestidos e peiteados para tan digna ocasión. Elas e eles coas súas mellores galas, dispostos a representar a obra teatral para todo o público que alí estaba, entre os que como non podía ser doutro xeito, atopábase este mosquito.

Á hora de facer as votacións para elixir alcalde, o PSOE votou por sí, o PP fixo o própio, do mesmo xeito que a nova concelleira de CG, pero coma se dun culebrón se tratase, misteriosamente o BNG, ABSTÍVOSE.

Miúda cara quedoume ao ver que adoptando a mesma actitude que noutras ocasións critiquei ao PP, obedecían ordes dos xefes superiores e apoiaban co seu silencio a asunción á alcaldía do PSOE.

Ese mesmo día líno por internet, pero non quixen crelo. Parecíame imposible que logo de todos os desplantes recibidos polo edil do BNG durante estes catro anos de goberno maioritario absolutista, este fose capaz de tal acto de amnesia e cedéselles sen máis, a cadeira de alcalde.

Sentinme defraudado. Ás palabras lévaias o vento. Como alguén que criticara e repetido mil e unha veces o mal facer do goberno local, podía agora traizoar coa súa abstención a todos aqueles que confiaron nel e no seu criterio votándoo.

Reuninme con mosquitos de todos os partidos, (igual que os mandamáis do partido do Español, con el á cabeza), e o que me contaron púxome aínda peor.

Dixéronme que o verdadeiro motivo foi o "MEDO" que sentiu o cabeza de lista do BNG ao decatarse por rumores fiables de que había a intención por parte do PP e de CG de darlle a alcaldía da Guarda.
Saberán seus compañeiros e superiores que desperdiciou a ocasión de dar a alcaldía ao BNG local? Ou foi o medo tan insuperable que prefiriu ocultar os rumores de pacto?

O que si quedou evidenciado é que a cadeira de brazos da alcaldía quedáballe grande.

Tamén me contaron que en conversas co PSOE pediu a Tenencia de Alcaldía entre outras cousas e cabezas, e que a pesar de que llo negaron, igualmente favoreceu a entrada do PSOE. Un sen fin de cousas confusas.
Ata a nova edil do BNG, traizoada polo seu subconsciente, intentou levantar a man e votar polo PSOE. Menos mal que o seu compañeiro máis veterano no tema, retivo a man en cuestión para non facer tan obvia a concesión do cargo.

Non se entende!, haberá que comezar a pensar se a abstención do BNG foi "O silencio dos cordeiros" ou o dos "borregos".

Será ésta a constante que nos espera do BNG guardés?


ZZZ...MOSQUITO CAPÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario