ANTONIO JOSÉ URIS ALONSO FORMULOULLE UNHA NOVA PREGUNTA O REXEDOR MUNICIPAL

Infogauda / A Guarda
Un día máis, o veciño e contribuínte guardés, socio colabourador da Asociación Stop Accidentes, Antonio José Uris Alonso, voltou a remesarlle o enderezo de correo electrónico do rexedor municipal, unha pregunta en materia de Seguridade Vial. Como é de agardar, o munícipe non lle adicará nin un minuto da súa xornada - que pagamos tódolos veciños do concello - a respostarlle o devandito veciño. Alomenos ata o de agora ten sido sempre así.
Para Infogauda sería altamente gratificante ofrecerlles os nosos estimados lectores, a nova de que o rexedor municipal tivo a ben darlle unha resposta o veciño que ven, desde fai tempo, interesándose pola Seguridade Vial de todos.
Namentras iso non aconteza, non dubidaremos en informar puntualmente das razonadas misivas que Antonio José Uris Alonso lle dirixe o alcalde de A Guarda, como a que lle remesou no día de hoxe, e que na o socio de Stop Accidentes lle dí o seguinte:
Sr. Alcalde:
¿Porqué os conductores dos vehículos e camións do Concello de A Guarda siguen circulando en eles SIN ABROCHARSE O CINTURON DE SEGURIDADE?
Téñolle dito que SÓLO poden circular sin Cinturón de Seguridade en poboado os conductores e pasaxeiros dos vehículos en Servicio de Urxencia (Regulamento de Circulación, R. D. 1428/2003, do 21 de novembro, artigo 119.2-C).
FAGA CUMPLIR A LEI, xa que Vostede no seu vehículo SÍ abróchase o Cinturón, e a quen a non a cumpla sexa sancionada/o.
Ningún comentario:
Publicar un comentario