13 de maio de 2011

O ROSAL

EXPOSICIÓN “UN MAR DE MULLERES” GAC RÍA DE VIGO -A GUARDA

O ROSAL, DO 14 AO 20 DE MAIO DE 2011.



Juan Ramón Rodríguez Barbosa / O Rosal


Desde o 14 ata o 20 de maio do 2011 poderase visitar a exposición fotográfica dos traballos realizados no mar polas mulleres da zona GAC Ría de Vigo – A Guarda, no Concello do Rosal.

Ademais, o luns 16 de maio de 2011, terá lugar as 20:00 horas a celebración da Xornada “Un Mar de Mulleres” organizada polo Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo -A Guarda (GAC 7), no salón de exposicións do Concello do Rosal

Esta idea xurdiu na Mesa da Muller do GAC 7, coa intención de fomentar a igualdade de oportunidades entre as mulleres e homes.

Durante o verán entrevistouse a un grupo de mulleres que traballan en diferentes organizacións profesionais do sector pesqueiro, desde Cangas ata a Guarda. Coa información recompilada realizouse un documental, unha publicación e unha exposición fotográfica.

Nesta xornada presentarase o traballo que levan realizando mulleres da nosa zona (mariscadoras a pé e a flote, redeiras, bateeiras, lonxeiras, etc.), e animarase as persoas asistentes a solicitar axudas ante o GAC 7.

O acto comezará co saúdo do alcalde do Rosal, D. Jesús Mª Fernández Portela.

A continuación, a xerente do GAC 7, Dona Elena Herbello Puentes, explicará á orde de axudas e o Plan Estratéxico Zonal.

María del Pilar Álvarez Rodríguez da Asociación de Mulleres Progresistas do Rosal e membro da Mesa da Muller, e da Xunta Directiva do Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo – A Guarda, explicará como xurdiu a idea deste traballo.

Por último proxectarase o documental “Un mar de mulleres”.

Durante as próximas semanas este material irá rotando polos distintos concellos e organizacións profesionais do sector pesqueiro da zona GAC 7 (Cangas, Moaña, Soutomaior, Vilaboa, Redondela, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda)



Para máis información poden dirixirse a:
Rúa Ventura Misa, 19 C.P. 36300 Baiona
Tf: 986358109 /646873106
e-mail:
gacvigoaguarda@yahoo.es, gac7@accioncosteira.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario