13 de maio de 2011

O ROSAL

CAMPAÑA DE FOMENTO DA LECTURA “EU LEO, E TI?”

Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal


Grazas a unha iniciativa das mestras responsables da Biblioteca do CPI Manuel Suárez Marquier, ponse en marcha esta campaña de fomento da lectura, destinada fundamentalmente a lectores adultos, en colaboración coa concellaría de Cultura do Rosal.

Preténdese achegar os libros a toda a cidadanía, para poder disfrutar da lectura no tempo de lecer, na casa ou mesmo en establecementos públicos.


Trátase de que os libros “rulen” e percorran a vila. Un total de sesenta distribuídos en tres caixas foron colocados no Centro de Saúde, nunha perruquería e nunha cafetería locais. Pódense ler alí mesmo, nas propias casas ou recomendarllos a amigos.


Unha vez lidos entregaranse en calquera dos tres lugares elixidos para esta campaña (que non ten por que ser o mesmo de onde se escolleron).

Esta actividade é bimensual. Cada dous meses recolleranse e procederase ao seu cambio, por outros libros e outros lugares.


Dende a concellaría de Cultura anímase a participar nesta singular forma de coñecer libros e gozar da lectura.


Ningún comentario:

Publicar un comentario