8 de maio de 2011

A GUARDA

CAMPAÑA ELECTORAL CON NOVIDADES








Comezou a campaña electoral e con ela a carreira de todos os partidos politicos cara á alcaldía.


Despois de haber lido todos as reportaxes aos nosos candidatos, as miñas conclusións son estas:




PSOE: As caras e as propostas son máis do mesmo, e coma se fora pouco, asegúrannos que seguirán traballando do mesmo xeito se gañan, para vostedes estas palabras "enganar non é saber".




PP: Non hai reportaxe algún, dise por aí, que é porque a candidata esperaba as respostas escritas desde Pontevedra (algo ao que xa nos ten afeitos), pero que non chegaron a tempo.




BNG: A mesma cabeza e algúns cambios de caras nas listas. Estráñanme as críticas aos socios pola prepotencia, e de proxectos como sempre, para quedar en nada aínda cando compartan o poder, en fin, " é mailo ruido cás noces".




IV: Aquí debo dicir, que a sorpresa foi grande. Algunhas caras de sempre na lista, outras novas, propostas pouco claras, pero Fariñas por ningún lado...


Despois dixéronme outros mosquitos, que o partido dividiuse, uns quedaron con IV e outros con Converxencia Galega (ex TEGA), Fariñas incluído.


Fariñas na súa casa e non na política!, iso si que é novidade, aínda que logo explicáronme que non era tan así, que estaba en CG pero a nivel nacional.


IV quedou en mans dos concelleiros que o sucederon, en fin visto o visto..."segundas partes case nunca foron boas".




CG: Pouco que dicir dunha candidatura que se presenta por primeira vez na Guarda.


A lista ten xente nova, e nova na política, mesturada con algunha outra máis coñecida e entrada en anos...


Como di o refrán "forza de mozos e consellos de vellos".
Cando saiba algo máis ou escoite algo novo nos meus voos, volverei opinar...mentres tanto, déixolles este consello: ¡A pensar MOSQUITOS! Que votar é fácil, pero votar o mellor para A Guarda, merece ser ESTUDADO CON EMPEÑO.




ZZZ...MOSQUITO CAPÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario