6 de maio de 2011

A GUARDA

Inicio de campaña electoral do BNG na Guarda


“Cun goberno do BNG na Guarda será máis doado afrontar a crise económica”

O Bloque Nacionalista Galego iniciou as 00:00 h de hoxe a campaña electoral cunha pegada de carteis no porto da Guarda.
Diante dun nutrido grupo de militantes e simpatizantes, o portavoz municipal do BNG e candidato a Alcaldía da Guarda, Xan Lois Lomba, fixo a pegada dos primeiros carteis que dan inicio as eleccións municipais 2011.
“A ilusión coa que afrontamos estas eleccións é máxima e confiamos das potencialidades da Guarda. Cun goberno do BNG na Guarda será máis doado afrontar a crise económica. Estamos do lado dos que máis padecen estes momentos de crise”, comentou Xan Lois.
“Faremos unha campaña a pé de rúa, pateando todo o concello, falando coa xente, explicando que existe alternativa e que esa alternativa é o BNG” sinalou Xosé Emilio Álvarez Pena, responsábel de campaña do BNG na Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario