19 de maio de 2011

A GUARDA

INICIATIVA VECIÑAL
por GALICIA







FAITE RESPECTAR. NON LLES DES OS VOTOS OS QUE SE ESQUECERON DE TI



O domingo día 22 de Maio de 2011, os cidadáns estamos convocados a participar nas Eleccións Municipais. Froito dos resultados que cadansúa candidatura acade, teremos unha previsión da composición da vindeira Corporación Municipal.


Antes de decidir a quen imos votar, é moi importante que lembremos quens son os responsables directos da grave situación socio-económica que está atravesando á cidadanía de todo o Estado español.
Compre relembrar que equipo de goberno conxelou ás retribucións dos empregados públicos e ás pensións.
É necesario que relembremos que presidente de goberno e seu equipo levaron a este país os preto de 5 millóns de desempregados - segundo datos oficiais -, que na realidadade superan esa escandalosa cifra.
Convén que todos saibamos que ese equipo gubernamental, é o responsable directo da modificación da edade da xubilación e do recorte económico que iso conlevará para os futuros pensionistas.
Ese equipo gubernamental, que non atendeu a débeda histórica que o Estado español tén contraída con Galicia, é da mesma cor que o chamado grupo municipal de goberno do concello de A Guarda. Os responsables directos do excesivo gasto nas obras de remodelación da Alameda – que logo das múltiples críticas recibidas dos cidadáns o candidato a recuncar nin se atreveu a mencionar na súa carta electoral os veciños - e de que a Senda do Litoral non incruira a necesaria Saída Sur do Porto de A Guarda, nin atenderan ás peticións dos veciños da Rúa Fernández Albor.
Son os mesmos que lle chiscaron o ollo o sector pesqueiro de baixura, e a día de hoxe o porto de A Guarda non dispón de surtidores de combustible, nin tampouco se fixo a prolongación do dique do Balueiro.
Os mesmos que coa súa nefasta xestión contribuiron a que o desemprego na Guarda aumentase escandalosamente, namentras se beneficiaron do chamado Plan E empresas e subcontratas que levaron os cartos para fora de A Guarda e mesmo para fora de España.
Son os mesmos que logo de varios anos na oposición e catro anos no goberno municipal con maioría absoluta, non aprobaron o Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Os mesmos que tampouco abriron a Rúa Inguieiros.
Eles son os que a día de hoxe, teñen a Fortaleza de Santa Cruz sen que poida ser visitada e disfroitada, nin por veciños nin por turistas, a pesares do investimento feito pola Administración Autonómica.
Son os que non respostaron os innumerables veciños que se dirixiron á alcaldía, desoíndo ás peticións ou suxerencias dos cidadáns.
Eles son, os que en horas de atención o público, adicáronse tempo para estar cós seus, disfroitando tranquilamente desa maioría absoluta que o pobo lles deu fai catro anos.
Son eles, os que se puxeron unhas retribucións onerosas para ás arcas municipais, cando con dúas adicacións totais – a do alcalde e a do 1º tenente alcalde -, eran máis que suficientes.
Eles son, os que desoiron e non respostaron a aquelas persoas que - como o socio colabourador da Asociación Stop Accidentes – presentaron innumerables escritos e comunicacións vía correo electrónico, instando a adopción de medidas de seguridade vial que contribúan a reducción de sinistros de tráfego.
Son eles, os que a día de hoxe non fixeron prácticamente nada para mellorar a circulación rodada nos núcleos de Camposancos e de Salcidos, onde debido as características dos camiños non se entende como aínda non se aplicou unha reordenación do tráfego rodado, nin se levaron a cabo obras que permitan ampriar á anchura dos viais deses lugares.
Por esas e por outras moitas razóns, o domingo dia 22 de maio, faite respectar. Non esquezas as actitudes de chulería e prepotencia das que fixeron gala algúns destacados dirixentes do chamado grupo municipal de goberno.
Acude a votar e faino coa convicción de que se non votas tendo dereito a elo, logo non tes nada de que queixarte. Ninguén pode votar por ti.

Vota Iniciativa Veciñal.

Por A Guarda. Sen ataduras.

3 comentarios:

  1. Son tamen os que derrocharon un bo pero moi bo diñeiro en a remodelación da Alameda, os que faendo caso omiso a os veciños fixeron a famosa e xa deteriorada Senda,os que gastaron un diñeiro bo en a remodelación da Praza da Guía,os que gastaron inutilmente o diñeiro na Zoa recreativa de Fedorento,os gastaron outro diñeiro na recuperación da Cetárea Redonda xa media abandonada,
    os que despios do Ano Xacobeo 2010 poñen en marcha o Albergue Municipal,os que presumen de conseguir pra nosa Vila o EDEN (xamáis sabremos os lerches que costoú, porque seguriño que non foi gratis), os que presumen de que tivo a Nosa Vila Duas bandeiras azúis (¿Cánto costaría? xa que o abandono e palpable), os que nin se dignaron a conseguir que as Urxencias e o Centro de Saude tiverán os MOITOS servicios que lle faltan, xa que moitos Veciños se dirixen directamente pra Vigo esperando a ser atendidos máis de 12 horas, os que gastaron un bo diñeiro no Calendario 2011 que fói unha propaganda encuberta dos logros do grupo de goberno, os que incumplen en persoa as Normas de Circulación, os que ignoran a os veciños e comerciantes que lles protestamos pra que nos soluciones alguns problemas que está perxudicándonos e que parece que o que queren e que pechemos ou que nos marchemos,en fin necesitaríamos máis de 36 follas e expoñer o MAL que o fixeron e o que NON fixeron...
    O dí en Voz Alta e sin esconderse en seudónimos Toñito o de Quisqueya, veciño y comerciante de ésta Vila.

    ResponderEliminar
  2. e ti k te eskecestes dos amigos, e xa non os saludas por non pensar coma ti, e ter pensamentos distintos os teus,
    menos mal k o teu slogan di sen ataduras. pois karallo pa ser asi, Ti ven atas a xente e se non os podes atar,non os saludas, ainda non xegaste a ser alcalde e xa te cres mais kos demais. pois enterate k ti coma min un mais do monton sen mais, orgulloso do carallo, k estas no posto grazas a o meu voto.

    ResponderEliminar
  3. Querido Francisco Javier non serás mais coñecido polo premer apelido que polo nome o u polo abellorro por que se e así non me estraña que este señor nin sequera te mire pra cara a que si querido.

    ResponderEliminar