5 de maio de 2011

A GUARDA

ESQUERDA UNIDA PRESENTA UNHA MOCIÓN SOLICITANDO O ARRANXO DA RÚA PONTEVEDRA







O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte:


ARRANXO DA RÚA PONTEVEDRA
Que o transversal, que comunica cas rúas Tominho e Ourense, rúa Pontevedra o equipo de Goberno no seu día a converteu en unha rúa privada. A día de hoxe Esquerda Unida non tivo resposta de cal é a situación real da mencionada rúa. Actualmente non tenhen bolardos pero non retiraron as sinalizacións verticais, os coches continúan aparcados nas beirarrúas, e para colmo o estado da calzada é caótico.
Os propietarios dos turismos que deixan estacionados os coches nas beirarrúas non tenhen coherencia nin respecto cara a cidadanía e impiden o paso aos transeúntes. O lóxico sería que os gardaran no garaxe, ou estacionen legalmente.
Senhor Presidente e concelleiro de tráfico ¿Cando autorizará a que os funcionarios cumpran ca súa obriga e deixen de estacionar coches nas beirarrúas? ¿Os demais cidadáns poden facer o mesmo que seus amigos? Seguramente quedará así ata que pasen as eleccións municipais.


Dende Esquerda Unida solicitamos:


- A eliminación da sinalización vertical.
- Que os desperfectos da calzada sexan reparados por conta dos que usaban a rúa como privada, ou por quen autorizou a cacicada.
- Que as autoridades de tráfico controlen, o estacionamento dos turismos na rúa Pontevedra.

A Guarda 05 de maio do ano 2011


Asdo.: José Antonio González Morais

Ningún comentario:

Publicar un comentario