DESTACADA LABOR DO CLUBE DE REMO ROBALEIRA NO CAMPIONATO GALEGO DE TRAINERILLAS
Laura, Vanesa, Miguel, Angela, Silvia piloto, Carla, Cris, e SilviaHermelindo Martínez González / A Guarda
A pasada fin de seman, celebráronse en augas de Bueu, a Territorial Sur de Trainerillas, nas categorías Xuvenil masculina, Seniors masculina, e absoluta femininas (xuvenís maiores de 16 anos e seniors compiten misturadas). O club de Remo Robaleira, presentou dúas tripulacións, unha Seniors Masculina, e outra Absoluta femininas, a nosa tripulación xuvenil masculina, por compromisos con a Selección nacional, non puido competir, cedendo a parte dos nosos remeiros o Club Vila Xoán, para dar unha oportunidade os rapaces. A tripulación Senior masculina, caía nas regatas de clasificacións do sábado, mentres que a tripulación de femininas, composta por Silvia, Angela, Cris, Laura, Vanesa, Carla, e Silvia Piloto e a caña Ivan, acadaron a súa praza para o domingo, onde clasificáronse en quinta posición para o Campionato Galego, co que se cumpriu o obxectivo fixado o principio da tempada.
REGATAS EN RIANXO
Celebrouse este fin de seman no porto coruñés de Rianxo a dobre xornada o Campionato Galego de trainerillas clasificatorio para o Campionato de España. Clasifícanse para éste, por pase directo os tres primeiros postos. O resto dependen da repesca e dos tempos das tripulacións das outras autonomías e dicir unha lotería. A clasificación directa con leva subir o podio, un obxectivo inicialmente inalcanzable... ¿ou non?
O Adestrador Miguelorio, dispuxo que a tripulación de Robaleira para este fin de seman, fora a composta por Silvia, Cris, Laura, Angela, Vanesa e a caña Miguel.
Celebradas as regatas o sábado toca remar na primeira tanda, composta polas tripulacións de Chapela, Robaleira, Vilaxoán, Cabana e Cabo. Clasifican os dous primeiros postos de cada e o terceiro mellor tempo das dúas, polo que solo vale para tranquilidade dos siareiros o primeiro e segundo posto para asegurar o pase directo, e non depender do que fagan terceiros.
As nosas rapazas, cunha boa saída, acadan a segunda praza, por diante da tripulación de Vilaxoán, Cabo, e Cabana e por detrás da tripulación de Chapela, no final do segundo largo, a embarcación de Cabana, en cuarta posición, rompe un tolete, polo que a a remeira abandona o barco para non ser un lastre, continúa a regata, virando a tripulación de Robaleira en segunda posición, que non abandona ata o fin da manga.
Chegados as finais do domingo, temos que na liña de saída, están na boia un Chapela, na dúas Meira, na tres Robaleira, na catro Bueu, e na cinco Cabo de Cruz, tras unha primeira saída nula de Meira, que lle supón unha penalización de 5 segundos. Unha saída explosiva da tripulación de Robaleira, fai que se chegue a primeira virada en terceira posición, de xeito que o remate da regata, e tras tres boas viradas, nas que en cada unha ganouse tempo, mantiveron a terceira praza, o que con levou a acadar o bronce no Campionato Galego, e o pase directo para o campionato de España a celebrar o vindeiro fin de seman en augas de Vilaxoán. Acontecemento do que daremos conta e que porá o punto e final a tempada de remo en banco fixo, o non contar este ano por falta de Sponsors con Traiña.

Ningún comentario:
Publicar un comentario